A música foi capaz de evocar os momentos felices da súa infancia.
Obxectivo
Definición:
Que describe ou valora a realidade de forma xusta, sen influencias de sentimentos ou perspectivas persoais.
Exemplo:
Foi un historiador obxectivo.
Sensación
Definición:
Intensa emoción, de natureza instantánea, que afecta o espírito.
Exemplo:
Esta paisaxe prodúceme sensación de calma.
Subxectivo
Definición:
Que pertence ao individuo, segundo a súa percepción e interpretación persoal das cousas.
Exemplo:
A súa opinión sobre o tema é subxectiva.
Textos descritivos
Os textos descritivos son un tipo de textos que teñen como obxectivo, ofrecer unha representación detallada de persoas, lugares, obxectos, situacións ou emocións, empregando palabras.
Este tipo de textos son capaces de evocar sensacións e espertar a imaxinación do lector.
Características principais dos textos descritivos:
Enfoque nos detalles: describen características físicas, calidades, cores, formas, olores, sons, texturas, entre outros. Adoitan incluír aspectos obxectivos e subxectivos.
Linguaxe evocadora: uso de adxectivos, comparacións, metáforas e outros recursos literarios para enriquecer o texto.
Orde lóxica: poden organizarse do xeral ao particular (ou viceversa), de arriba a abaixo, de esquerda a dereita, por zonas...
Descrición dun lugar
Pasos para realizar unha descrición dun lugar
1. Comeza co lugar xeral: pensa en que tipo de lugar é. É un bosque, unha praia ou unha cidade?
2. Engade os detalles que se aprecian polos sentidos.
3. Fala dos obxectos ou outros elementos importantes.
4. Engade palabras que fagan que o lugar pareza interesante ou máxico.
5. Remata cunha sensación.
Descrición dun obxecto
Pasos para realizar a descrición dun obxecto
1. Describe a súa forma e tamaño.
2. Fala do material ou materiais do que está feito.
3. Engade información sobre as partes das que está composto e a súa función.
4. Di para que serve ou como se usa.
5. Remata indicando se se asemella a algo coñecido.
Descrición dunha persoa ou personaxe
Pasos para realizar a descrición dunha persoa ou personaxe
1. Describe as súas características básicas: nome, idade aproximada, xénero...
Cara: forma da cara (ovalada, cadrada), cor da pel, ollos (cor, forma), nariz, beizos.
Cabelo: longo, estilo, cor, textura.
Roupa e accesorios: tipo de vestimenta que usa habitualmente.
Trazos distintivos: cicatrices, tatuaxes, marcas de nacemento...
3. Personalidade:
Trazos de personalidade: é amable, sarcástico, tímido, valente...
Virtudes e defectos: Que o fai admirable? Que o fai vulnerable ou conflitivo?
Hábitos e manías: Masca goma? Morde as unllas?
4. Habilidades e Competencias:
Fortalezas e debilidades.
Poderes ou habilidades especiais (se aplica).
Lectura facilitada
Os textos descritivos empregan palabras para
ofrecer unha representación detallada de:
persoas
lugares
obxectos
situacións
emocións
Son capaces de evocar sensacións e espertar a imaxinación do lector.
Características principais dos textos descritivos:
Enfoque nos detalles:
Describen características físicas
Calidades
Cores
Formas
Olores
Sons
Texturas
Linguaxe evocadora, usan:
Adxectivos
Comparacións
Metáforas
Outros recursos literarios
Orde lóxica:
Do xeral ao particular (ou viceversa)
De arriba a abaixo
De esquerda a dereita
Por zonas...
Audio
Exemplo
Exemplo de descrición dunha paisaxe:
Este lugar é un bosque onde as árbores se alzan maxestosas, cubertas de musgo brillante. As copas, entrelazadas, filtran a luz do sol, que se reflicte no chan cuberto de fentos.
Un río descorre a través da paisaxe, a súa auga cristalina reflicte as sombras das pólas.
Ás beiras os arbustos bordean o río, e na súa corrente vense pequenos peixes.
O aire é fresco, cargado do cheiro da terra húmida.
É un lugar que parece detido no tempo, onde a paz do entorno invita á contemplación.
Lectura facilitada
Mapa conceptual
Mapa conceptual dos textos descritivos:
Cuestionario
Rosco
2
Observa as letras, identifica e enche as palabras que faltan.
Na imaxe podemos observar un can cocker deitado nun campo @@verde@@ de céspede. Trátase dun exemplar de tamaño @@mediano@@. Ten os ollos pequenos, @@brillantes@@ e de cor @@castaña@@. A súa pelaxe é @@abundante@@ e sedosa de cor @@branca@@ e marrón, semella unha suave nube que o envolve. As súas orellas son @@grandes@@ e caídas, son tan longas que semellan ás de anxo. Destaca a súa expresión @@alegre@@ coas patas @@estendidas@@ e o corpo @@relaxado@@ que semella invitar a unha caricia.
O navegador non é compatible con esta ferramenta.
Opción C
Describe o can da imaxe empregando as túas propias palabras.
Resposta modelo
O can da imaxe é un Coker. É de tamaño mediano, parecer ser un adulto xove. Ten os ollos grandes e escuros, ten unha ollada doce como o mel. A súa pelaxe é longa e sedosa o que lle da un aspecto moi elegante. É de cor branca e marrón claro, semella un manto de seda bicolor. O ton marrón é máis intenso nalgunhas zonas, como as orellas e a parte superior da cabeza. Ten as orellas longas e caídas como e están cubertas de pelo longo e abundante.
Pola súa expresión e postura, semella un can alegre ao que lle gusta brincar. Os coker, son coñecidos por ser intelixentes, leais e moi cariñosos como un amigo fiel que sempre está ao teu carón. as súas familias.
Son cans moi fáciles de adestrar, polo que poden destacar en actividades caninas.
Este can semella estar moi feliz, ten a boca aberta e a lingua fóra, coma se estivera descansando despois de xogar un anaco.
Lista de cotexo
Completa a lista de cotexo marcando as casas correspondentes ás actividades rematadas.