Diferenciando e aclarando conceptos
Palabra
Son ou conxunto de sons que expresan unha idea e constitúen unha unidade autónoma.

Exemplo: A palabra do ano 2024 por elección colectiva no Portal das Palabras é cantareira.
Enunciado: oración ou frase
Por enunciado entendemos unha palabra ou conxunto de palabras que expresan unha idea completa.
Hai dous tipos de enunciados:
- Unha frase é un conxunto ordenado de palabras entre as que non hai verbos en forma persoal, pero que ten sentido:

Exemplo: Que fermosa a cor verde!
- Unha oración é unha palabra ou conxunto de palabras ordenadas con sentido completo e cun verbo en forma persoal:

Exemplo A mazá é de cor verde.
Parágrafo
Un parágrafo é un conxunto de enunciados que falan da mesma idea. Os enunciados sepáranse por punto e seguido, e o final do parágrafo colócase un punto final.

Exemplo: Como me gusta mirar o arco da vella; Ten sete cores; A que sempre busco é a cor amarela.
Texto
Un texto é un enunciado ou conxunto de enunciados, orais ou escritos, considerados de forma unitaria polo seu contido. Ten unha extensión moi variable e sempre se remata cun punto final.

Exemplo: Os días que chove e despois sae o sol gústame saír da casa porque miro para unha beleza da natureza. Como me gusta mirar o arco da vella; Ten sete cores; A que sempre busco é a cor amarela.
Pero o mellor sempre me espera na cociña; A miña avoa cóntame contos sobre o arco da vella de cando era unha nena; Como me gusta escoitala.
Lectura facilitada
As palabras son ou conxunto de sons que expresan unha idea e constitúen unha unidade autónoma.
Por enunciado entendemos unha palabra ou conxunto de palabras que expresan unha idea completa.
Hai dous tipos de enunciados:
- Unha frase é un conxunto ordenado de palabras entre as que non hai verbos en forma persoal, pero que ten sentido:
- Unha oración é unha palabra ou conxunto de palabras ordenadas con sentido completo e cun verbo en forma persoal:
Un parágrafo é un conxunto de enunciados que falan da mesma idea.
Os enunciados sepáranse por punto e seguido, e o final do parágrafo colócase un punto final.
Un texto é un enunciado ou conxunto de enunciados, orais ou escritos, considerados de forma unitaria polo seu contido.
Ten unha extensión moi variable e sempre se remata cun punto final.

