Primeiro reto: describir personaxes
Neste primeiro reto, traballaremos en grupos para crear os personaxes que protagonizarán o voso proxecto (videoxogo ou vídeo viral). Estes personaxes serán clave para transmitir a mensaxe de concienciación ambiental e facer que o voso traballo sexa único e atractivo.
Obxectivo:
Crear personaxes ben definidos en grupo, tendo en conta o seu aspecto físico, personalidade e función na historia.
Primeira tarefa grupal
Reflexionade sobre cantos personaxes necesitades. Non empregaremos demasiados (2 ou 3), xa que isto facilitará o proxecto en Scratch.
Pensade nos roles que cada personaxe terá:

Quen será o protagonista?
Haberá un antagonista (quen complica a misión)?
Necesitamos aliados?
Crear personaxes coa técnica 1-2-4

1: Cada membro do grupo pensa nunha idea para un personaxe. Pode ser unha persoa, un animal ou algo diferente.
2: En parellas, compartide as vosas ideas e escollede os mellores.
4: No grupo completo, presentade as propostas e decidide conxuntamente quen serán os personaxes finais.
Cubride a ficha de personaxes, podedes facer os personaxes que precisedes. Podedes cubrir esta ficha.
Reflexión grupal
Por que escolleu o grupo estes personaxes?
Como axudarán a transmitir a mensaxe ambiental no proxecto?
Lectura facilitada
Primeiro imos describir os personaxes.
Decidide como van ser os personaxes:
- Aspecto físico
- Personalidade
- Función na historia
Logo pensade nos roles de cada personaxe:
- Quen será o protagonista e se haberá un antagonista?
Técnica 1-2-4:
- Primeiro, cada un pensa nunha idea para un personaxe.
- Despois, compartide as ideas en parellas e escollede o mellor.
- Por último, o grupo escolle os personaxes finais.
Reflexión grupal:
- Por que escollestes estes personaxes?
- Como axudarán a transmitir a mensaxe do proxecto?
