A forza da unión en Galicia
En Galicia, sempre demostramos que, fronte ás grandes catástrofes naturais, somos capaces de unirnos para axudar. Por exemplo, no ano 2002, cando o barco Prestige verteu petróleo nas nosas costas, miles de persoas xuntáronse para limpar as praias e salvar os animais mariños.
Máis recente, no 2024, vimos ese espírito de colaboración. No caso dos granulados de plástico, que apareceron nas praias, moita xente organizouse voluntariamente para recoller estes residuos e coidar o medio ambiente.
Isto ensínanos algo moi importante: cando nos concienciamos e traballamos xuntos/as, podemos facer grandes cambios. Todos podemos axudar a coidar o planeta e protexer os ecosistemas. Axudar é necesario para rematar coa contaminación e vivir nun mundo mellor.

Lectura facilitada
En Galicia, sempre nos unimos para axudar en momentos difíciles.
No ano 2002, o barco Prestige verteu petróleo nas costas.
Moitas persoas traballaron xuntas para limpar as praias e salvar os animais.
No ano 2024, co problema dos granulados de plástico, moitos voluntarios estiveron recollendo estes residuos.
Se traballamos xuntos/as e nos concienciamos, podemos facer grandes cambios.
Todas e todos podemos axudar a coidar o planeta
e protexer a natureza.
Audio
MOTUS di Precisas máis ideas?
Imos aproveitar para coñecer máis destes casos tan soados en Galicia no que a xente comezou a moverse para axudar e rematar coa contaminación masiva...
Prestige 2002
Granulados 2024
O pobo vence a "inacción": así se recollen os 'pellets' en Muros
Prestige recordo 2022
Granulados en Galicia e voluntarios
Granulados en Galicia
Lectura facilitada
Observa os casos máis sonados nos que
a xente en Galicia se organizou para acabar
coa contaminación masiva.