En Galicia tamén pasa
Pero este non é só un problema doutros países ou lugares afastados. En Galicia tamén sufrimos as consecuencias da contaminación: os nosos ríos e praias reciben residuos que prexudican a fauna e a saúde das persoas, a calidade do aire en certas zonas vense afectadas pola actividade industrial e os incendios forestais, e o cambio climático está a provocar fenómenos extremos como secas e temporais máis intensos.
Para comprender mellor esta realidade, botaremos unha ollada a algunhas noticias e vídeos que nos axudarán a reflexionar sobre como este problema tamén nos afecta de preto e que medidas podemos tomar para coidar o noso medio natural. Cada día escóitanse novas que realmente son preocupantes. Ollade as seguintes:
Ríos contaminados
Que ríos galegos achegan máis lixo plástico ao mar?
Boliñas de chapapote
En 16 praias galegas xa se rexistraron boliñas de chapapote.
Pélets plásticos
Un axente ambiental avisou a Xunta de verteduras plastico.
Problemas no aire galego
Problemas medioambientais en Galiza relacionados co aire.
O problema dos pauciños de batea
Reto de recoller pauciños de batea na praia de Barraña (Boiro).
Contaminación por metais pesados
A mina de Touro contamina o río Pucheiras
As verteduras ás rías galegas aumentaron un 20% nos últimos cinco anos.
Contaminación polas verteduras nas rías galegas.
Contaminación ambiental en As Somozas
Pellets en Galiza
Lectura facilitada
Estes son algúns exemplos de problemas medioambientais en Galiza.