Repasando os signos de puntuación
Punto
O punto utilízase para separar oracións ou para indicar que o contido que queremos expoñer rematou.
Despois dun punto, ao ler, debes facer unha pausa e comezar a escribir con letra maiúscula.
O punto e seguido empregámolo para separar oracións que, polo seu contido, teñen relación entre si. Na lectura, debes facer unha pausa canto atopes un punto e seguido e, a continuación, ler a seguinte.
O punto e á parte utilizámolo para separar parágrafos ou versos que tratan sobre distintos temas dentro do mesmo texto.
O punto final empregámolo para indicar que a información rematou totalmente.
Ah! Tamén empregamos o punto para separar minutos e horas nos fusos horarios ou nas abreviaturas.
Coma
A coma indica unha pausa curta e utilízase para separar palabras ou frases ou tamén para separar os distintos elementos dunha enumeración.
Tamén poñemos coma:
1. Para poñer unha aclaración a maiores nunha oración.
2. Antes e despois dos nomes de persoas ás que nos diriximos
3. Para separar os decimais nos números enteiros.
4. Antes de máis, pero, pois e porque.
Punto e coma
Empregámolo punto e coma nos seguintes casos:
1. Para separar palabras nunha serie cando hai comas; así evitamos confusións.
2. En oracións que expresan un feito e a súa consecuencia.
3. En oracións longas diante de algunhas conxuncións como pero, mais, no obstante, así que, en cambio, daquela, polo tanto...
Dous puntos
Os dous puntos indican unha pausa moi parecida ao punto e teñen cinco usos:
1. Antes dunha enumeración.
2. Antes dunha cita.
3. Despois do encabezamento dunha carta.
4. Para introducir a consecuencia, causa ou conclusión do que acabamos de dicir.
5. Para introducir textualmente as palabras de alguén en estilo directo.
Puntos suspensivos
Os puntos suspensivos empregámolos nos seguintes casos:
1. Cando unha enumeración está incompleta.
2. Se o texto que falta se dá por entendido.
3. Para sinalar a eliminación de parte dun texto (...) que se cita. Ponse entre corchetes ou parénteses.
4. Úsase para interromper unha oración expresando dúbida, temor, emoción.
Signos de interrogación e exclamación
Os signos de interrogación e exclamación empregámolos para indicar a entoación interrogativa ou exclamativa.
Despois dunha pregunta poñemos o signo de "?".
Cando dubidamos dun dato escribímolo entre parénteses.
O rematar unha exclamación colocamos o signo de "!".
Podemos poñer dous signos de exclamación cando desexamos reforzar a expresividade dunha oración: máis sorpresa, máis alegría, máis enfado…
Lectura facilitada
O punto utilízase para separar oracións
ou para indicar que o contido que queremos expoñer rematou.
Despois dun punto, ao ler, debes facer unha pausa e comezar a escribir con letra maiúscula.
O punto e seguido empregámolo para separar oracións que, polo seu contido, teñen relación entre si.
O punto e á parte utilizámolo para separar parágrafos ou versos que tratan sobre distintos temas dentro do mesmo texto
O punto final é para indicar que a información rematou totalmente.
Tamén empregamos o punto para separar minutos e horas nos fusos horarios ou nas abreviaturas.
A coma indica unha pausa curta e utilízase para separar palabras ou frases ou tamén para separar os distintos elementos dunha enumeración.
Tamén poñemos coma:
- Para poñer unha aclaración a maiores nunha oración.
- Antes e despois dos nomes de persoas ás que nos diriximos.
- Para separar os decimais nos números enteiros.
- Antes de máis, pero, pois e porque.
Empregamos o punto e coma nos seguintes casos:
- Para separar palabras nunha serie cando hai comas e así evítamos confusións.
- En oracións que expresan un feito e a súa consecuencia.
- En oracións longas diante de algunhas conxuncións.
Os dous puntos indican unha pausa moi parecida ao punto e teñen cinco usos:
- Antes dunha enumeración.
- Antes dunha cita.
- Despois do encabezamento dunha carta.
- Para introducir a consecuencia, causa ou conclusión do que acabamos de dicir.
- Para introducir textualmente as palabras de alguén en estilo directo.
Os puntos suspensivos empregámolos nos seguintes casos:
- Cando unha enumeración está incompleta.
- Se o texto que falta se dá por entendido.
- Para sinalar a eliminación de parte dun texto (...) que se cita. Ponse entre corchetes ou parénteses.
- Para interromper unha oración expresando dúbida, temor, emoción.
Os signos de interrogación e exclamación empregámolos para indicar a entoación interrogativa ou exclamativa.
- Despois dunha pregunta poñemos o signo de interrogación.
- Cando dubidamos dun dato poñémolo entre parénteses.
- O rematar unha exclamación poñemos o signo de exclamación.
- Dous signos de exclamación reforzan a expresividade dunha oración.


