Repasando conceptos gramaticais
Os verbos
Son palabras que nos informan sobre a acción que realiza o suxeito e sobre o seu estado.

Nos verbos podemos atopar estas variacións:
O NÚMERO, que pode ser singular ou plural:

O TEMPO E O MODO, (presente, pasado, futuro; indicativo, subxuntivo e imperativo):

A PERSOA a quen se refire (eu, ti, el, nós, vós, eles):

Os verbos fórmanse ao engadir sufixos e prefixos a substantivos ou a adxectivos:
Baño(substantivo)+ -ar (sufixo)= bañar
Libre (adxectivo)+ -ar (sufixo)= liberar
Outros sufixos que interveñen na formación de verbos son -ecer ou -izar.
a (prefixo) +tarde (adxectivo)+ -ecer (sufixo)= atardecer
Os verbos expresan accións, estados ou procesos e sempre actúan como núcleo do predicado dentro da oración.
O esquío subiu polo piñeiro.

Os adverbios
Son palabras que non teñen nin número (singular/plural) nin xénero (masculino/feminino). Son palabras invariables que completan o significado que nos achega:
O VERBO:

O ADXECTIVO:

OU OUTRO ADVERBIO:

Os adverbios segundo o seu significado, pódense clasificar en varios tipos. A continuación hai dúas táboas:
Na primeira podedes ver algúns adverbios.
E na segunda, recóllense as principais locucións adverbiais que son grupos de palabras que fan a función sintáctica dun adverbio.
Lectura facilitada
Os verbos son palabras que nos informan sobre a acción que realiza o suxeito e sobre o seu estado.
Nos verbos podemos atopar estas variacións:
O NÚMERO, que pode ser singular ou plural:
O TEMPO E O MODO, (presente, pasado, futuro; indicativo, subxuntivo e imperativo):
A PERSOA a quen se refire (eu, ti, el, nós, vós, eles):
Os verbos fórmanse ao engadir sufixos e prefixos a substantivos ou a adxectivos.
Hai outros sufixos que interveñen na formación de verbos son -ecer ou -izar.
Os verbos expresan accións, estados ou procesos e sempre actúan como núcleo do predicado dentro da oración.
Os advervios son palabras que non teñen nin número (singular/plural) nin xénero (masculino/feminino). Son palabras invariables que completan o significado que nos achega:
o verbo,
o adxectivo,
ou outro adverbio.
Os adverbios segundo o seu significado, pódense clasificar en varios tipos.
Diferenciamos entre adverbios e locucións adverbiais.

