Primeiro Reto: Describir personaxes
Neste primeiro reto, traballaremos en grupos para crear as personaxes que protagonizarán o voso proxecto (videoxogo ou vídeo viral). Estas personaxes serán clave para transmitir a mensaxe de concienciación ambiental e facer que o voso traballo sexa único e atractivo.
Obxectivo:
Crear personaxes ben definidas en grupo, tendo en conta o seu aspecto físico, personalidade e función na historia.
Primeira tarefa grupal
Reflexionade sobre cantas personaxes necesitades. Non empregaremos demasiadas (2 ou 3), xa que isto facilitará o proxecto en Scratch.
Pensade nos roles que cada personaxe terá:

Quen será o protagonista?
Haberá un antagonista (quen complica a misión)?
Necesitamos aliados?
Crear personaxes coa técnica 1-2-4

1: Cada membro do grupo pensa nunha idea para unha personaxe. Pode ser unha persoa, un animal ou algo diferente.
2: En parellas, compartide as vosas ideas e escollede as mellores.
4: No grupo completo, presentade as propostas e decidide conxuntamente quen serán as personaxes finais.
Cubride a ficha de personaxes, podedes facer as personaxes que precisedes. Podedes cubrir a seguinte ficha: Aquí
Reflexión grupal
Por que escolleu o grupo estas personaxes?
Como axudarán a transmitir a mensaxe ambiental no proxecto?
Lectura facilitada
Primeiro imos describir as personaxes.
Decidide como van ser as personaxes,
aspecto físico, personalidade e función na historia.
Primeiro pensade nos roles de cada personaxe:
Quen será o protagonista e se haberá un antagonista?
Técnica 1-2-4:
Primeiro, cada un pensa nunha idea para unha personaxe.
Despois, compartide as ideas en parellas e escollede o mellor.
Por último, o grupo escolle as personaxes finais.
Reflexión grupal:
Por que escollestes estas personaxes?
Como axudarán a transmitir a mensaxe do proxecto?

