Axudamos a gobernar o cole!
Ides ser parte activa na vida do colexio para cambiar o que estea nas vosas mans. Igual que os gobernos traballan para mellorar as nosas vidas, vos tamén podedes traballar para facer do cole un lugar mellor.
Preparación

En equipos de 4 persoas teredes que repartirvos os temas máis importantes nos que podedes axudar a gobernar o colexio.
- Medio ambiente (reciclaxe, plantas, horta, eficiencia enerxética...)
- Convivencia (resolución de conflitos, actividades conxuntas, recreos pacíficos...)
- Infraestruturas (estado das instalacións, novas suxestións, ambientacións...)
- Actividades (saídas, conmemoracións, xogos cooperativos...)
Desenvolvemento

Cada persoa terá que pensar en propostas, relacionadas co tema que lle tocou, para levar a votación.
Podedes preguntar noutras aulas a alumnado de distintas idades para poder sacar ideas de que melloras serían importantes para o colexio.
Agora elixide unha persoa representante dentro do equipo para ser quen presente as propostas, dos catro temas, ao resto do alumnado.
Podedes presentalas:
- De forma oral
- Dixitalmente
- Por escrito