O goberno provincial

Unha provincia está formada por un conxunto de concellos. España ten 50 provincias agrupadas en 17 comunidades autónomas. Algunhas comunidades autónomas como Asturias, Cantabria, A Rioxa, Madrid, Murcia ou Navarra, só teñen unha provincia, mentres que outras, como Andalucía teñen oito.
A Deputación Provincial é quen goberna e administra cada provincia e vela polos seus intereses. Traballa en colaboración cos concellos.
Existen 41 Deputacións Provinciais en España. Isto quere dicir que non todas as provincias teñen unha. As comunidades autónomas que só teñen unha provincia e as Illas Baleares e Canarias non teñen Deputación Provincial.
A Deputación está dirixida polo presidente ou presidenta, a xunta de goberno e o pleno. A composición do pleno da deputación non se elixe nas urnas, senón que a elixen os concelleiros e concelleiras de cada concello.
Lectura facilitada
Os concellos forman provincias.
España ten 50 provincias: 47 na península e 3 nas illas.
A provincia está gobernada pola Deputación Provincial.
Hai 41 deputacións provinciais.
As comunidades cunha soa provincia e as illas non teñen Deputación Provincial.
Está dirixida por un presidente ou presidenta, a Xunta de Goberno e un Pleno.
Audio
Apoio visual
