Saltar navegación

Que vas a aprender

Ao finalizar este REA serás quen de...

  • Entender que é a poboación e as súas características, e así saber como se distribúe a poboación en Galicia e en España.
  • Diferenciar entre cidade ou vila, concello, provincia, comunidade autónoma, país e continente.
  • Saber que é a UE, que países a forman, os seus principios fundamentais e as súas institucións.
  • Entender como funciona e se goberna o noso país e a importancia da Constitución como lei fundamental que garante os deberes e dereitos dos cidadáns e cidadás de España.
  • Saber que é o Estatuto de Autonomía de Galicia e que institucións dirixen a nosa comunidade autónoma.
  • Entender que é unha deputación provincial, un concello e as súas funcións.
  • Calcular a densidade de poboación.
  • Saber a diferenza entre censo e padrón.
  • Traballar en equipo para levar a cabo as misións e o reto final.

Diario de aprendizaxe

Amosa un lapis e un caderno co logotipo do proxecto na tapa

Parabéns! Completaches a Fase 1.

Ao final de cada fase terás que reflexionar sobre como traballas e aprendes na clase.

Tamén escribirás sobre como te sentes cando estás facendo as actividades e o traballo en grupo.

Tócache identificar cales son os teus puntos fortes e febles, é dicir, o que che resulta fácil ou, polo contrario, che supón un esforzo ou unha dificultade.

Esta actividade axudarache a progresar na túa aprendizaxe. Para isto, anotarás todo isto no diario de aprendizaxe.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)