O goberno europeo

Vivimos en Europa, o segundo continente máis pequeno do mundo despois de Oceanía. Europa localízase no Hemisferio Norte e está formado por 50 países, cunha gran variedade de culturas e unha historia moi rica e diversa. Ocupa unha superficie de máis de 10 millóns de km cadrados.
Ao longo da historia, vivíronse moitas guerras en Europa, sendo unha das peores a Segunda Guerra Mundial, que comezou en 1939 a rematou en 1945.
Ao rematar a Segunda Guerra Mundial, Europa estaba arrasada. O conflito armado implicou milleiros de mortos e cidades e vilas completamente destruídas. Moita xente que sobreviviu tivo que deixar o seu país e emigrar en busca dunha vida mellor.
Esta situación levou a varios países europeos a traballar xuntos en lugar de loitar entre eles. Naceu así unha unión en Europa, co fin de fomentar a paz e a prosperidade. Ao principio, só Alemaña, Francia, Italia, Países Baixos, Bélxica e Luxemburgo formaban parte desta unión. Pouco a pouco outros países incorporáronse ata chegar aos 27 que hoxe en día forman a Unión Europea. España entra xunta a Portugal na Unión Europea no ano 1986.
No ano 2002 entrou en vigor o euro (€). 20 dos 27 países da unión teñen esta moeda. O uso do euro facilita os negocios e as compras entre países.
En letra grosa, os países que non usan a "moeda única".
Alemaña
Bulgaria
Croacia
Eslovenia
Finlandia
Hungría
Letonia
Malta
Portugal
Austria
Chequia
Dinamarca
España
Francia
Irlanda
Lituania
Países Baixos
Romanía
Bélxica
Chipre
Eslovaquia
Estonia
Grecia
Italia
Luxemburgo
Polonia
Suecia
Lectura facilitada
Europa localízase no Hemisferio Norte e está formada por 50 países.
Europa quedou arrasada despois da 2ª Guerra Mundial.
Moitos países decidiron traballar xuntos, e así naceu unha unión en Europa.
Primeiro eran 6 países e pouco a pouco uníronse o resto.
España e Portugal fixérono no ano 1986.
Hoxe en día xa son 27 países.
En 2002 crearon a moeda única, o euro.
Está moeda é usada por 20 dos 27 países.
Audio
Apoio visual
