Os nosos datos
Existen varios organismos dedicados a recoller os datos que existen sobre a poboación actual. Seguramente escoitaches falar algunha vez de censo e padrón.
- O censo recolle a información relativa á idade, xénero, estado civil, lugar de residencia, estudos, traballo, desprazamentos ou segundas vivendas, entre outros.
Faise cada 10 anos. O encargado de facelo é o INE (Instituto Nacional de Estadística).
Utilízase para planificar políticas demográficas, sanitarias, educativas, asistenciais ou medioambientais, así como para avaliar os resultados das mesmas.
- O padrón recolle a información sobre o domicilio, o nome e apelidos, o DNI e data de nacemento das persoas.
Faise cada ano. O encargado de facelo é o concello.
Utilízase para coñecer o número de habitantes que hai nel. Toda persoa que viva en España ten que estar inscrita no padrón do lugar onde reside.
Lectura facilitada
Son recollidas de datos da poboación.
- Censo: idade, xénero, estado civil, lugar de residencia, estudos, traballo, desprazamentos ou segundas vivendas, entre outros.
Cada 10 anos, faino o INE (Instituto Nacional de Estadística)
- Padrón: domicilio, nome e apelidos, DNI e data de nacemento.
Cada ano, faino o concello.