Saltar navegación

3.6. O colexio

Practica o aprendido

Grupo de persoas

É o momento de poñer en práctica os coñecementos adquiridos ata agora aplicados á escola.

Primeiro, tedes que facer o censo do alumnado do voso colexio. Para iso precisaredes a colaboración do equipo directivo para recadar a seguinte información:

1. Número de matrículas no centro dos últimos 5 anos.

2. Cantas delas eran de nenos e cantas de nenas.

Segundo, para practicar o concepto de emigración calculade canto alumnado marchou do cole cada curso.

Terceiro,  para practicar o concepto de inmigración calculade canto alumnado entrou novo cada curso.

Cuarto, calculade a densidade de poboación do colexio. Para iso dividiredes a superficie total, en metros cadrados, entre o número total de alumnado.

No teu caderno, terás que reproducir esta información. Faino da forma que prefiras:

Opción 1

Gráfico de barras, onde apareza toda a información solicitada, por anos.

Opción 2

Cartel con toda a información estruturada.

Opción 3

Mural con todos os datos e debuxos.

Lectura facilitada

Toca poñer en práctica os coñecementos adquiridos.

  • Primeiro: censo do colexio. O equipo directivo deberá dicirvos:

    1. Número de matrículas no centro dos últimos 5 anos.

    2. Cantos eran nenos e cantas nenas.

  • Segundo: calcular o alumnado que entrou novo cada curso.

(Concepto de inmigración)

  • Terceiro: calcular o alumnado que marchou do cole cada curso. 

(Concepto de emigración)

  • Cuarto, calcular a densidade de poboación do colexio.

(Superficie do cole entre o número total de alumnado)

Elixe unha opción para reproducir esta información.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)