Saltar navegación

2.3. A poboación en Galicia

E ti, onde vives?

Galicia dividida en provincias

En Galicia prevalece a existencia de parroquias a causa da dispersión da poboación. A maior parte da poboación en Galicia vive nas zonas de costa.

Unha parroquia é a agrupación de varias aldeas cun núcleo central onde está a igrexa. En Galicia hai 3.771 parroquias.

Os concellos, tamén chamados municipios, están formados por varias parroquias. En Galicia temos 313 concellos.

Cando varios concellos se agrupan, porque teñen en común, ademais da proximidade física, outras características económicas ou sociais, constitúen unha comarca. En Galicia hai 53 comarcas:

18 na Coruña, 13 en Lugo, 12 en Ourense e 10 en Pontevedra.

Lectura facilitada

En Galicia existen as parroquias.

As parroquias son agrupacións de aldeas.

Os concellos son agrupacións de parroquias.

As comarcas son agrupacións de concellos.

En Galicia hai 53 comarcas:

18 na Coruña,

13 en Lugo,

12 en Ourense

e 10 en Pontevedra.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)