O noso país

Terás que investigar sobre o número de habitantes nas provincias españolas.
1. Elixe catro cores diferentes. Poden ir de máis claro ( ), a máis escuro ( ) para facilitar a visión final.
2. Busca o número de habitantes de cada unha das provincias. Confirma, usando varias fontes, que a cifra sexa a máis actual publicada.
3. Farás tramos para colorear. Por exemplo:
— de 0 a medio millón de habitantes a cor máis clariña,
— de medio millón a 1 millón a seguinte cor,
— de 1 millón a 2 millóns outra,
— máis de 2 millóns a cor máis escura.
Deste xeito quedarache un mapa onde se vexan as provincias co maior número de habitantes.
Para esta actividade terás dúas opcións:
1. Imprimir o mapa de provincias neste enlace e colorealo.
2. Abrir aquí a imaxe e coloreala en liña cun editor de imaxe.