O noso lugar no mundo

O mundo está formado por continentes. Vives no continente que se chama Europa. Ese continente está dividido en países.
O país onde vives chámase España. A súa vez ese país está dividido en Comunidades Autónomas. A túa chámase Galicia.
As comunidades autónomas están divididas en provincias. Cal é a túa? A Coruña, Lugo, Ourense ou Pontevedra?
Por último, dentro da túa provincia atópase a aldea, vila ou cidade onde vives. Como se chama?