Saltar navegación

Densidade de poboación

Densidade de poboación

Existen no noso país lugares máis poboados que outros.

Por exemplo, cidades como Madrid ou Barcelona están densamente poboadas. Isto quere dicir que en cada km cadrado de superficie vive moita xente.

A relación entre número de habitantes dun lugar e a superficie que ocupan chámase densidade de poboación.

Xente dividida entre territorio é igual á densidade de poboación

Para calculala, temos que dividir o número de habitantes entre a superficie que ocupan.

Para iso utilizamos a seguinte formula:

Densidade de poboación = número de habitantes/superficie en km cadrados

Investiga as provincias españolas

Investiga e responde no teu caderno:

  • Descobre que provincias de España están máis densamente poboadas.
  • Cales cres que son as razóns polas que algunhas persoas prefiren vivir en zonas densamente poboadas?
  • Calcula a densidade de poboación da cidade ou vila onde vives e elixe outra que ti queiras para facer unha comparativa.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)