Saltar navegación

5.1. Avaliación

Como traballei en equipo

Traballo colectivo
 Foinos xenial porque...Fixémolo ben porque...Custounos un pouco porque...Debemos mellorar porque...
Participación e colaboración no equipoTodos os membros do equipo participamos activamente e colaboramos axudando a outras persoas. (2)Todos os membros do equipo participamos activamente, pero non axudamos a outras persoas porque nos centramos no noso traballo. (1.5)A metade dos membros do equipo participaron activamente. (1.25)Só traballou un membro do equipo e as outras persoas integrantes do grupo non colaboraron nin axudaron. (1)
O ambiente de traballoFoi moi agradable e non tivemos conflitos dentro do grupo. (2)Foi agradable pero existiron pequenos conflitos que se resolveron de forma inmediata. (1.5)Foi pouco motivador porque houbo moitos conflitos que afectaron ao noso traballo. (1.25)Foi malo porque houbo moitos problemas que afectaron o traballo. (1)
Na posta en común de ideasTodas as persoas do grupo traballamos co obxectivo de completar as tarefas. Respectáronse as opinións e argumentouse o rexeitamento de propostas. (2)Todas as persoas do grupo fomos participes en ofrecer achegas para completar as tarefas, pero algunhas das propostas rexeitáronse sen dar un argumento. (1.5)A metade do grupo achegou iniciativas e propuxo ideas novas e solucións para acadar as tarefas. (1.25)Só un membro do equipo achegou ideas, o resto das persoas non achegaron propostas ao debate. (1)
Para o seguimento do traballoDebatemos e analizamos os resultados do traballo para recoller propostas de mellora. (2)Analizamos os resultados do traballo, e debatemos os resultados, pero non se ofreceron propostas de mellora. (1.5)Analizamos os resultados do traballo, pero non houbo debates nin propostas de mellora. (1.25)Non fixemos a valoración do traballo e moito menos debatemos os resultados. (1)
A autonomíaFoi plena xa que organizamos o funcionamento do grupo sen axuda dos adultos, e incluso axudamos a outros grupos a organizarse. (2)Foi axeitada xa que organizamos o funcionamento do grupo sen procurar axuda. (1.5)Foi parcial, pois tivemos que solicitar axuda para organizar o traballo ao inicio, pero logo o equipo traballou con autonomía. (1.25)Foi pobre xa que solicitamos axuda en varias ocasións para organizar o traballo. (1)

A nosa pegada no cole! Elaboración propia (proxecto cREAgal). Traballo colectivo (CC BY-NC-SA)

  • Actividade
  • Nome
  • Data
  • Puntuación
  • Notas
  • Reiniciar
  • Imprimir
  • Aplicar
  • Nova xanela

Diario de aprendizaxe

Amosa un lapis e un caderno co logotipo do proxecto na tapa

Acadado!

Xa estamos na derradeira fase!

Tempo de reflexionar sobre todo o traballo que fixeches e reflectilo no teu diario de aprendizaxe.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)