Saltar navegación

2. As persoas forman un país

Que lembras do territorio español?

España coa súa bandeira

España está situada na Península Ibérica ao sur de Europa. Limita ao norte con Andorra e Francia e ao oeste con Portugal.

Tamén ten dous arquipélagos: as Illas Baleares que están situadas no Mar Mediterráneo e as Illas Canarias, que se atopan no Océano Atlántico.

Ao norte de España atopamos o Mar Cantábrico, ao leste e ao sur da península o Mar Mediterráneo e ao oeste e ao sur, o Océano Atlántico.

España está dividida en 17 comunidades autónomas. Ademais ten 2 cidades autónomas, Ceuta e Melilla, que se atopan no norte de África.

As comunidades autónomas están divididas á súa vez en territorios máis pequenos chamados provincias. Algunhas comunidades autónomas teñen varias provincias, como por exemplo Andalucía ou Galicia, en cambio outras só teñen unha provincia, como Cantabria ou A Rioxa. Cada provincia está formada por un conxunto de municipios.

Cada comunidade autónoma ten unha capital e unha bandeira que a representan. Tamén ten un himno que se toca en acontecementos importantes. Algunhas comunidades autónomas teñen unha lingua propia que convive co castelán e que se fala nas administracións públicas e se ensina nas escolas. O catalán en Cataluña, a Comunidade Valenciana e as Illas Baleares. O éuscaro no País Vasco e o galego en Galicia.

Lectura facilitada

España está situada na Península Ibérica, ao sur de Europa.

Limita ao norte con Andorra e Francia e ao oeste con Portugal.

Ten dous arquipélagos: Illas Canarias e Illas Baleares.

Mar Cantábrico, ao norte.

Mar Mediterráneo, ao leste e sur.

Océano Atlántico, ao oeste e sur.

España está dividida en 17 Comunidades Autónomas e 2 cidades autónomas: Ceuta e Melilla.

As Comunidades autónomas están divididas en provincias e estas en municipios.

Cada Comunidade Autónoma ten unha capital, unha bandeira e ás veces un himno propio.

Algunhas tamén teñen linguas cooficiais co castelán como:

-o catalán en Cataluña, Comunidade Valenciana e Illas Baleares,

-o éuscaro no País vasco,

-o galego en Galicia.

Proba a túa memoria

Vexamos canto recordas en canto á distribución do territorio español.

Escolle Verdadeiro ou Falso.

Pregunta 1

España está situada ao norte de Europa.

Pregunta 2

España ten 17 comunidades autónomas.

Pregunta 3

No País Vasco fálase galego ademais de castelán.

Pregunta 4

O Mar Mediterráneo está no norte de España.

Pregunta 5

Ceuta e Melilla son dúas cidades autónomas.

Pregunta 6

Todas as comunidades autónomas teñen máis dunha provincia.

Pregunta 7

Andalucía e as Illas Baleares son dous arquipélagos.

Pregunta 8

Ceuta e Melilla están situadas no norte de África.

Pregunta 9

Fálase catalán e castelán nas Illas Baleares, Cataluña e a Comunidade Valenciana.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)