Saltar navegación

2.4. Cando imos

Facendo a maleta

Estatua dun emigrante

Seguramente na vosa familia hai persoas que emigraron, é dicir, que tiveron que ir vivir fóra do seu país.

Os motivos poden ser diferentes, pero os máis habituais foron a guerra ou a falta de traballo onde vivían.

Nesta actividade terás que preguntar á túa familia se algunha vez emigrou do seu lugar de nacemento.

Enquisa

Folio con enquisa
  • Que familiar emigrou?
  • Muller ou home?
  • Onde emigrou?
  • Canto tempo estivo alí?
  • Por que emigrou?

Toda a información recollida tédela que poñer en común na clase, e plasmala no encerado, ben visible para facer a seguinte actividade.

Países a onde emigraron as nosas familias

Gráfico de barras

Agora xa sabedes os países aos que emigraron as familias da vosa aula.

Imos ampliar a información co resto de alumnado do voso colexio

En grupos tedes que:

  • Preparar unha enquisa coas cinco preguntas que fixestes na casa e repartir no cole.
  • Coa información que vos devolvan, sacaredes os datos correspondentes e terédelos que presentar nunha gráfica.

Elixide unha destas opcións:

Para facer a actividade podedes guiarvos por esta rúbrica.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)