Persoas no mundo

Por todo o mundo convivimos moitas persoas.
Vivimos coas nosas familias, pero tamén nunha cidade ou vila, cos nosos veciños e veciñas.
Así mesmo tamén pertencemos a un concello. Hai máis de 8000 en España.
Os Concellos forman provincias. Hai 50 no noso país, 47 na península e 3 nos arquipélagos.
As provincias forman comunidades autónomas. Hai 17 en total.
Por último, pertencemos ao mesmo país, e os países forman continentes.
Cada unha destas divisións conta coas súas propias institucións que axudan a que o territorio funcione correctamente e conte cos servizos que precisa.
Lectura facilitada
Vivimos en cidades ou vilas.
Estas pertencen a un concello. Hai máis de 8000 en España.
Os Concellos forman provincias. Hai 50 en España.
As provincias forman comunidades autónomas. Hai 17 en total.
Por último, pertencemos ao mesmo país.
Os países forman continentes.