A Unión Europea
Os principios fundamentais da Unión Europea son:

- Manter a paz e o respecto entre os países da unión.
- Traballar xuntos para acadar obxectivos comúns.
- Respectar os costumes e as distintas linguas dos países da unión.
- Velar polos dereitos humanos.
- Ter unha economía forte que permita unha boa calidade de vida.
- Permitir a libre circulación de persoas entre os países da UE.
As súas principais institucións son as seguintes:
A Comisión Europea
Está formada por 27 comisarias e comisarios, un por cada país da unión.
A súa función principal é a de propoñer novas leis.
O Parlamento Europeo
Está composto por 720 eurodeputadas e eurodeputados. Forman grupos aquelas eurodeputadas e eurodeputados que teñen ideas políticas semellantes, independentemente do país do que proveñan.
Elíxense nas eleccións europeas que se celebran cada 5 anos en todos os países da UE.

As principais funcións do Parlamento Europeo son:
- Representar os intereses das cidadás e cidadáns europeos.
- Aprobar novas leis.
- Tomar decisións sobre acordos internacionais.
- Establecer e aprobar os orzamentos da UE.
O Consello da Unión Europea
Está formado polas ministras e ministros dos países da UE.

As súas funcións principais son:
- Representar os países de onde proveñen
- Debater sobre novas leis.
- Votar se están a favor ou en contra das leis.

