Para que usamos os minerais no día a día?

Os minerais están en todas partes! Sen eles, non poderiamos construír edificios, fabricar obxectos tecnolóxicos ou producir enerxía. Algúns exemplos dos seus usos son:
Minerais metálicos
Son minerais de mena, aqueles dos que se obtén algún metal:
- Esfalerita (Zinc, Zn): para fabricar latón (aleación con cobre) e no galvanizado de ferro ou aceiro, evitando a súa corrosión.
- Calcopirita (Cobre, Cu): emprégase na fabricación de cables eléctricos e tamén en funxicidas agrícolas.
- Galena (Chumbo, Pb): úsase en baterías e para protección contra radiacións.
- Hematita (Ferro, Fe): produción de aceiro.


Minerais industriais
Son minerais non metálicos que se utilizan directamente na industria pola súa composición ou propiedades.
- Calcita: un dos compoñentes empregados na fabricación de cemento.
- Xeso: usado na produción de escaiola e como regulador do fraguado do cemento.
- Arxilas: para fabricar ladrillos e tellas.
- Cuarzo: fabricación de vidro, paneis fotovoltaicos ou compoñentes electrónicos.

Minerais para produción de enerxía
- Uraninita ou pechblenda: fonte principal de uranio, combustible nas centrais nucleares.

Minerais na xoiería
-
- Diamante, esmeralda, rubí, zafiro ou topacio: moi valiosos para a fabricación de xoias e obxectos de luxo.
- Diamante, esmeralda, rubí, zafiro ou topacio: moi valiosos para a fabricación de xoias e obxectos de luxo.
Minerais na industria alimentaria
-
-
- Halita: o sal común emprégase na conservación e condimentación de alimentos.
- Magnesita: produción de produtos químicos e industriais como fertilizantes ou na alimentación animal.
-








