Saltar navegación

5. Conclusión

Conclusións

Misión completada! Levounos traballo pero tras acadar o reto aprendemos que:

  • O interior da Terra está formado por capas diferenciadas (codia, manto e núcleo) que explican fenómenos como os volcáns e os terremotos debido ao movemento das placas tectónicas.
  • Os minerais son os compoñentes básicos das rochas, teñen propiedades específicas que nos axudan a identificalos e a coñecer os seus usos.
  • As rochas fórmanse nun ciclo continuo mediante procesos xeolóxicos e clasifícanse en ígneas ou magmáticas, sedimentarias e metamórficas segundo como se forman.
  • A explotación dos recursos naturais debe facerse de forma responsable, xa que son limitados e a súa extracción pode ter impactos ambientais que é necesario minimizar.
  • Cada recuncho de Galicia agocha un patrimonio xeolóxico propio que cómpre descubrir, comprender e pór en valor, para afondar no coñecemento da historia da Terra e protexer a nosa contorna, tan fermosa como única.

Mapa conceptual da xeosfera

Tarefa

Copia no teu caderno o mapa conceptual anterior, de tal modo que cada esquema integrante ocupe unha única páxina:

  • Esquema 1: Estrutura e dinámica terrestre
  • Esquema 2: Os minerais
  • Esquema 3: As rochas

Trata de completar e ampliar cada un dos mapas coa información proporcionada neste REA.

Asimila os contidos aprendidos e repasa con esta visual conxunta!

Rúbrica para avaliar a exposición oral

Rúbrica para avaliar a exposición oral
 4 Excelente3 Satisfactorio2 Mellorable1 Insuficiente
FalaFala amodo e con gran claridade. (4)A maioría do tempo, fala amodo e con claridade. (3)Unhas veces fala amodo e con claridade, pero outras acelera e enténdeselle mal. (2)Fala rápido ou detense demasiado á hora de falar. Ademais, a súa pronuncia non é boa. (1)
VocabularioUsa vocabulario apropiado para a audiencia. Aumenta o vocabulario da audiencia definindo as palabras que poderían ser novas para esta. (4)Usa vocabulario apropiado para a audiencia. Inclúe 1-2 palabras que poderían ser novas para a maior parte da audiencia, pero non as define. (3)Usa vocabulario apropiado para a audiencia. Non inclúe vocabulario que podería ser novo para a audiencia. (2)Usa varias (5 ou máis) palabras ou frases que non son entendidas pola audiencia. (1)
VolumeO volume é o suficientemente alto para ser escoitado por todos os membros da audiencia durante toda a presentación. (4)O volume é o suficientemente alto para ser escoitado por todos os membros da audiencia polo menos o 90% do tempo. (3)O volume é o suficientemente alto para ser escoitado por todos os membros da audiencia polo menos o 80% do tempo. (2)O volume con frecuencia é moi débil para ser escoitado por todos os membros da audiencia. (1)
ComprensiónO ou a estudante pode contestar con precisión case todas as preguntas expostas sobre o tema polos seus compañeiros e polas súas compañeiras de clase. (4)O ou a estudante pode contestar con precisión a maioría das preguntas expostas sobre o tema polos seus compañeiros e polas súas compañeiras de clase. (3)O ou a estudante pode contestar con precisión unhas poucas preguntas expostas sobre o tema polos seus compañeiros e polas súas compañeiras de clase. (2)O ou a estudante non pode contestar as preguntas expostas sobre o tema polos seus compañeiros e polas súas compañeiras de clase. (1)
Postura do corpo e contacto visualÁ hora de falar a postura e o xesto son moi adecuados. Mira a todos os compañeiros e todas as compañeiras con total naturalidade. (4)A maioría do tempo a postura e o xesto son adecuados e case sempre mira aos compañeiros e ás compañeiras mentres fala. (3)Algunhas veces, mantén a postura e o xesto adecuados, e outras non. En ocasións mira aos seus compañeiros e ás súas compañeiras. (2)Non mantén a postura e xesto propios dunha exposición oral e, a maioría das veces, non mira os seus compañeiros e ás súas compañeiras. (1)
ContidoDemostra un completo entendemento do tema que expón. (4)Demostra un bo entendemento do tema que expón. (3)Demostra un bo entendemento de partes do tema que expón. (2)Non parece entender moi ben o tema que expón. (1)

Obra derivada (proxecto cREAgal) de “Rúbrica para evaluar la exposición oral” de CEDEC. Rúbrica para avaliar a exposición oral (CC BY-NC-SA)

  • Actividade
  • Nome
  • Data
  • Puntuación
  • Notas
  • Reiniciar
  • Imprimir
  • Aplicar
  • Nova xanela

Rúbrica para avaliar o traballo en equipo

Rúbrica para avaliar o traballo en equipo
 4 Excelente3 Satisfactorio2 Mellorable1 Insuficiente
Participación e colaboraciónTodos os membros do equipo participaron activamente nas tarefas propostas e colaboraron axudando ás demais persoas. (4)A maior parte dos membros do equipo participaron activamente nas tarefas propostas e colaboraron axudando ás demais persoas. (3)A metade dos membros do equipo participou activamente nas tarefas propostas e colaborou axudándose entre si. (2)Só un membro do equipo (ou ningún) participou de forma activa nas tarefas propostas e non houbo colaboración nin axuda entre eles e elas. (1)
Distribución das tarefasAs tarefas repartíronse de forma equitativa entre todos os membros do equipo. (4)A maior parte das tarefas repartíronse de forma equitativa entre todos os membros do equipo. (3)Só a metade das tarefas se repartiron de forma equitativa entre todos os membros do equipo. (2)Houbo unha repartición moi desigual das tarefas entre os diferentes membros do equipo. (1)
Integración entre os membros do equipoDurante a realización de todas as tarefas os membros do equipo expresaron libremente as súas opinións e puntos de vista, escoitaron as opinións das demais persoas e foron capaces de chegar a un consenso. (4)Durante a realización da maior parte das tarefas os membros do equipo expresaron as súas opinións con liberdade, escoitaron ás demais persoas e foron capaces de chegar a un consenso. (3)Durante a realización das tarefas só a metade dos membros do equipo expresou libremente as súas opinións, escoitou as das demais persoas e logrou poñerse de acordo. (2)Durante a realización das tarefas só un membro do equipo expresou a súa opinión, non houbo diálogo e terminouse impoñendo a opinión dunha soa persoa. (1)
Asunción de funcións e responsabilidadesTodos os membros do equipo exerceron moi ben as súas funcións e cumpriron á perfección as súas responsabilidades. (4)A maior parte dos membros do equipo exerceron as súas funcións e cumpriron coas súas responsabilidades. (3)Só a metade dos compoñentes do equipo exerceu ben as súas funcións e cumpriu coas súas responsabilidades. (2)Só un membro do equipo (ou ningún) exerceu ben as súas funcións e cumpriu coas súas responsabilidades. (1)

Obra derivada (proxecto cREAgal) de “Rúbrica para evaluar el trabajo en equipo” de CEDEC. Rúbrica para avaliar o traballo en equipo (CC BY-NC-SA)

  • Actividade
  • Nome
  • Data
  • Puntuación
  • Notas
  • Reiniciar
  • Imprimir
  • Aplicar
  • Nova xanela

Rúbrica para avaliar o reto

Rúbrica para avaliar o reto
 4 Excelente3 Satisfactorio2 Mellorable1 Insuficiente
Fontes de informaciónFontes moi fiables e variadas, ben documentadas e exhaustivas. (4)Fontes fiables e variadas, pero cunha pequena omisión. (3)Fontes adecuadas pero limitadas en variedade ou profundidade. (2)Non se citan fontes ou estas son pouco fiables ou inadecuadas. (1)
Representación da informaciónInformación moi ben organizada, visualmente atractiva e clara. (4)A información está clara e ben organizada. (3)A información está algo clara, pero con moito texto ou detalles que dificultan a comprensión. (2)A información non é clara e difícil de seguir. (1)
Análise dos datosAnálise profunda, ben argumentada e conectada cos datos. (4)Análise detallada e ben fundamentada. (3)A análise é correcta pero pouco detallada ou incompleta. (2)Non se realiza análise ou esta é moi superficial. (1)
ConclusiónsConclusións moi ben fundamentadas, claras e moi ben conectadas cos datos. (4)Conclusións ben fundamentadas, claras e coherentes cos datos. (3)Conclusións axeitadas, pero sen conexión clara cos datos. (2)Non se presentan conclusións ou estas son vagas e pouco fundamentadas. (1)
Terminoloxía científicaTerminoloxía científica ben utilizada en toda a ficha. (4)Utilízase terminoloxía científica correcta e axeitada. (3)Utilízase terminoloxía científica correcta, pero non totalmente equilibrada. (2)Non se utiliza terminoloxía científica ou hai importantes erros no seu uso. (1)

Elaboración propia (proxecto cREAgal). Rúbrica para avaliar o reto (CC BY-NC-SA)

  • Actividade
  • Nome
  • Data
  • Puntuación
  • Notas
  • Reiniciar
  • Imprimir
  • Aplicar
  • Nova xanela

Diario de aprendizaxe

Icona representativa do Diario de aprendizaxe do proxecto cREAgalPensa e avalía. Accede ao teu diario de aprendizaxe e valora o traballo feito polo resto dos grupos empregando a rúbrica da fase 5.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)