Comezar a exploración
Antes de construír o voso xeoparque local, necesitades coñecer ben os minerais, as rochas e os espazos xeolóxicos da vosa contorna.
Algunhas webs de referencia son:
- Información xeográfica de Galicia – Visor de información xeográfica de Galicia. Entre outras, contén a capa de xeoloxía.
- Inventario español de lugares de interese xeolóxico – Lugares de interese xeolóxico (LIG) do IGME.
- Cartografía do Instituto Geológico y Minero de España – Mapa Xeolóxico de España a escala 1:50.000.
- Catastro mineiro de Galicia – Visor dos recursos mineiros de Galicia.
- Patrimonio xeomineiro de Galicia – Rutas e puntos de interese xeomineiro de Galicia.
Nesta primeira fase, poñeredes en marcha a vosa curiosidade e comezaredes a procura dos tesouros xeolóxicos que vos rodean. Para iso, debedes seguir estes pasos:
Paso 1
Estudar un chisco de xeoloxía
Estudaredes os minerais e rochas máis importantes para que poidades recoñecelos facilmente na vosa vila ou cidade.
Paso 2
Explorar a vosa contorna
Sairedes a explorar a vosa contorna para descubrir lugares de interese xeolóxico, como tipos de rochas, minerais, fenómenos xeolóxicos ou edificios e monumentos construídos con materiais da zona.
Lectura facilitada
Antes de crear o voso xeoparque local,
necesitades coñecer ben os minerais, as rochas
e os lugares xeolóxicos da vosa contorna.
Nesta primeira fase, poñeredes en marcha a curiosidade
e comezaredes a buscar os tesouros xeolóxicos que vos rodean.
Paso 1
Aprender un pouco de xeoloxía
Imos estudar os minerais e rochas máis importantes,
para que os poidades recoñecer facilmente
na vosa vila ou cidade.
Paso 2
Explorar a vosa contorna
Sairedes a observar o que hai ao voso redor
e buscaredes lugares xeolóxicos interesantes,
como:
- Tipos de rochas ou minerais.
- Fenómenos xeolóxicos.
- Edificios ou monumentos feitos con materiais da zona.