Saltar navegación

2. De que nos lembramos?

 

Glosario

Mineral

Pictograma dun mineral

Definición:

Material sólido, natural e inorgánico, con composición química definida e estrutura ordenada.

Exemplo:

O cuarzo é un mineral moi abundante en Galicia.

Rocha

Pictograma dunha rocha

Definición:

Material sólido formado por un ou máis minerais.

Exemplo:

En Galicia destacan rochas como o granito e a lousa.

Comezamos a viaxe!

Imaxinade que podedes viaxar ao centro da Terra. A cada paso, descubriredes novas capas, materiais sorprendentes e procesos que levan millóns de anos en marcha.

Lago de lava do volcán Nyiragongo, RDO

A xeosfera, a parte sólida do noso planeta, garda os segredos da súa formación e evolución. Minerais e rochas forman montañas, modelan paisaxes e incluso forman parte dos obxectos que usades cada día.

Imos explorar as entrañas da Terra!

Lectura facilitada

Imaxinade que podedes viaxar ao centro da Terra.

A cada paso, descubriredes novas capas,
materiais sorprendentes
e procesos que levan millóns de anos en marcha.

A xeosfera, que é a parte sólida da Terra,
garda os segredos da súa formación e evolución.

Os minerais e as rochas
forman montañas, modelan paisaxes
e tamén están en moitos obxectos que usades cada día.

Imos explorar o interior da Terra!

Antes de nada... Canto sabes do chan que pisamos?

Pregunta

1. Que é a xeosfera?

Respostas

A capa de gases que rodea a Terra.

A parte sólida da Terra, formada por rochas e minerais.

A capa de auga que cobre o planeta.

O conxunto de seres vivos que habitan na Terra.

Pregunta

2. Cal é a capa máis superficial da xeosfera?

Respostas

O núcleo.

O manto.

A codia.

A atmosfera.

Pregunta

3. Cal das seguintes opcións é un mineral?

Respostas

Granito.

Basalto.

Cuarzo.

Vidro.

Pregunta

4. As montañas fórmanse polo movemento de...?

Respostas

Os ríos.

As placas tectónicas.

O vento.

As ondas do mar.

Pregunta

5. Que fenómeno natural está relacionado co movemento das placas tectónicas?

Respostas

Os furacáns.

As mareas.

Os terremotos.

A chuvia.

Pregunta

6. Que efectos teñen a chuvia e o vento sobre as rochas?

Respostas

Provocan o seu desgaste e erosión.

Vólvenas máis duras e resistentes.

Aumentan a súa temperatura.

Non producen ningún efecto.

Pregunta

7. Que é e para que se usa o mármore?

Respostas

É un tipo de metal empregado en xoiería.

É unha rocha utilizada para fabricar tellas.

É un mineral que se usa para fabricar vidro.

É unha rocha usada en construción e decoración.

Pregunta

8. Que é e para que se usa o grafito?

Respostas

É un mineral usado para facer minas de lapis.

É unha rocha que se emprega para construír edificios.

É un tipo de metal que se usa en xoiería.

É un mineral que se usa para fabricar vidro e cerámica.

Pregunta

9. Como se formaron e para que se usan o carbón e o petróleo?

Respostas

O carbón formouse a partir de plantas soterradas en pantanos e o petróleo a partir de organismos mariños; ambos úsanse como fontes de enerxía.

O carbón e o petróleo creáronse a partir de lava volcánica e empréganse para construír edificios.

Formáronse por minerais que cristalizaron baixo terra e utilízanse en xoiería.

O carbón xorde da auga do mar e o petróleo dos raios do Sol; ambos empréganse para fabricar vidro e plásticos.

Pregunta

10. Que minerais e rochas se extraen en Galicia?

Respostas

Ouro, diamantes e esmeraldas, empregados en xoiería.

Granito, lousa e cuarzo, usados en construción e industria.

Petróleo e gas natural, usados como combustibles.

Xeo e sal mariño, empregados na alimentación.

Activar JavaScript

Feito con eXeLearning (Nova xanela)