Saltar navegación

4.2. Mapeando os descubrimentos

Mapear os tesouros xeolóxicos

Unha vez seleccionados os puntos de interese, é momento de rexistralos nun mapa e difundir información sobre eles.

Os pasos son os seguintes:

Paso 3

Pictograma dun plano Identificar os puntos de interese nun mapa ou plano

Identificaredes e localizaredes todos eses puntos interesantes nun plano ou mapa da vosa vila ou cidade, marcando con claridade a súa situación exacta.

Paso 4

Pictograma dunha ficha con información Elaborar unha ficha con información de cada lugar

Crearedes unha ficha informativa para cada un dos lugares seleccionados, engadindo información relevante: localización, que se pode ver, interese xeolóxico e curiosidades.

Lectura facilitada

Cando xa teñades escollidos os lugares de interese,
é momento de poñelos nun mapa
e de compartir información sobre eles.

Paso 3

Pictograma dun plano Marcar os puntos nun mapa ou plano

Debedes localizar todos os lugares interesantes
nun mapa ou plano da vosa vila ou cidade.
É importante marcar ben onde está cada un.

Paso 4

Pictograma dunha ficha con información Crear unha ficha con información de cada lugar

Faredes unha ficha para cada lugar,
onde describir a información máis importante:

  • Onde está.
  • Que se pode ver.
  • Por que é interesante en xeoloxía.
  • Algunha curiosidade que queirades contar.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)