Saltar navegación

Clasificación dos minerais

Como clasificamos os minerais?

Pictograma de clasificar

Os minerais clasifícanse empregando dous criterios: a composición química e a estrutura interna.

Así, distínguense os seguintes grupos:

Elementos nativos

Algúns elementos químicos non se combinan con outros e forman minerais por si sós

  • Ouro (Au)
  • Prata (Ag)
  • Cobre (Cu)
  • Mercurio (Hg)
  • Xofre (S)
  • Carbono (C), que pode presentarse como diamante ou como grafito.

Mostra de ouro Mostra de prata Mostra de cobre

Mostra de mercurio Mostra de xofre Mostra de grafito Mostras de diamante incoloro e amarelo

Sulfuros

Fórmanse pola combinación de xofre (S) e un elemento metálico

Son moi importantes desde o punto de vista económico por ser menas de moitos metais.

  • Galena
  • Cinabrio
  • Pirita

Mostra de galena Mostra de cinabrio de Almadén Mostra de pirita en cubos

Óxidos

O osíxeno (O) únese a diferentes metais

  • Hematita
  • Magnetita
  • Corindón (o rubí e o zafiro son dúas das súas variedades)

Mostra de hematita Mostra de magnetita Rubí, variedade do corindón Zafiro, variedade do corindón

Haluros

Conteñen cloro (Cl), flúor (F), bromo (Br) ou iodo (I)

  • Halita ou sal común
  • Silvina
  • Fluorita

Mostra de halita Mostra de silvina Mostras de fluorita de diferentes cores

Carbonatos

Formados pola unión de carbono (C), osíxeno (O) e outros elementos

  • Calcita
  • Azurita
  • Malaquita

Mostra de calcita Mostra de azurita Mostra de malaquita

Sulfatos

O xofre (S) combínase co osíxeno e diferentes elementos

  • Xeso

Mostra de xeso

Silicatos

O silicio (Si) e o osíxeno (O) únense entre si e con moitos outros elementos, como o aluminio (Al), sodio (Na), calcio (Ca), potasio (K), ferro (Fe) ou magnesio (Mg)

É o grupo máis abundante de minerais.

  • Olivina
  • Granate
  • Micas (biotita e moscovita)
  • Cuarzo
  • Feldespatos

Mostra de olivina Mostra de granate Mostra de biotita

Mostra de moscovita Mostra de cuarzo Mostra de feldespato

Feito con eXeLearning (Nova xanela)