Saltar navegación

As rochas na vida cotiá

Para que usamos as rochas?

As rochas teñen moitos usos na vida diaria, están por todas partes: na rúa, no tellado dunha casa, na fachada dun edificio ou mesmo en moitos monumentos. Algúns exemplos son os seguintes:

Obtención de minerais

Fotografía dun saco de cemento empregado en construcción

Das rochas obtemos os minerais que empregamos en diferentes usos. Por exemplo, para a fabricación de cemento necesítanse dous minerais: 

  • Da calcárea obtense calcita. 
  • Da marga (outra rocha sedimentaria) conséguense as arxilas. 

Despois dun proceso industrial, obterase o cemento. 

Construción

  • Como rochas ornamentais: 
    • O granito, o mármore, a cuarcita ou a calcárea empréganse en edificios, solos e decoración.
    • A lousa úsase en cubertas e revestimentos.

Pazo de Fefiñáns en Cambados, Pontevedra Pináculos de Granito no cemiterio de Goiriz (Vilalba, Lugo) Chantas de cuarcita en Bordelle, Santaballa (Vilalba, Lugo)Fotografía do Edificio Histórico da Universidad de Oviedo Fotografía de lousados en Visuña (Folgoso do Courel, Lugo) 

  • Como materiais para a produción de áridos:
    • É o caso da calcárea, a cuarcita ou o basalto.

Fotografía que mostra o uso de gravas como pavimento nun camiño rural

Lectura facilitada

As rochas están presentes en moitos lugares da vida diaria.
Pódense ver na rúa, nos tellados, nas paredes dos edificios
e mesmo en monumentos.


Obtención de minerais

Das rochas obtemos minerais que se usan para moitas cousas.

Por exemplo, para facer cemento necesitamos dous minerais:

  • A calcita, que se obtén da calcaria.
  • As arxilas, que se obteñen da marga,
    unha rocha sedimentaria.

Co paso por unha fábrica, estes materiais convértense en cemento.


Construción

As rochas úsanse na construción de diferentes formas:

  • Como rochas decorativas:
    • O granito, o mármore, a cuarcita e a calcaria
      empréganse en edificios, chan e decoración.
    • A lousa úsase en tellados e paredes.
  • Como materiais para facer áridos
    (pedras pequenas que se usan en obras):
    • Usan rochas como a calcaria, a cuarcita ou o basalto.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)