Glosario
Fenómeno xeolóxico
-
Definición:
-
Proceso natural que ocorre na Terra como resultado da súa dinámica interna ou externa, e que pode causar cambios importantes na superficie e no interior terrestre.
-
Exemplo:
-
Os volcáns, os sismos ou a modelaxe do relevo son fenómenos xeolóxicos importantes.
Mapa xeolóxico
-
Definición:
-
Mapa que mostra as diferentes rochas, a súa idade e as estruturas dun territorio, usando cores ou símbolos distintos para representalas.
-
Exemplo:
-
O mapa xeolóxico da Península Ibérica mostra que está formada por rochas moi diferentes.
ODS 2030
-
Definición:
-
Os 17 Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS 2030) constitúen un chamamento universal á acción para poñer fin á pobreza, protexer o planeta e mellorar as vidas e as perspectivas das persoas en todo o mundo.
-
Exemplo:
-
O obxectivo número 1 dos ODS 2030 é poñer fin á pobreza en todas as súas formas en todo o mundo.
Xeosfera

-
Definición:
-
Parte sólida da Terra constituída por diversas capas concéntricas, desde a superficie ata o interior terrestre.
-
Exemplo:
-
A xeosfera ten un radio aproximado duns 6400 km.

