Planeta plano ou planeta redondo?
Hai quen pensa que a Terra é plana, coma un prato xigante. Esta idea, chamada terraplanismo, aparece ás veces en vídeos ou redes sociais, pero... ten algún fundamento científico?
Agora que xa sabes máis sobre a estrutura da xeosfera e a forma do planeta, toca poñer o pensamento crítico a funcionar. Investiga esta crenza, busca probas reais e responde:
- É posible que a Terra sexa plana?

Lembra: para facer unha boa investigación, debes buscar información científica e rigorosa, como aprendiches no tema anterior. Non todo o que atopas en internet é fiable, así que contrasta fontes e pensa coma unha persoa investigadora!
Lectura facilitada
Hai quen pensa que a Terra é plana, como un prato xigante.
Esta idea chámase terraplanismo.
Ás veces aparece en vídeos ou redes sociais, pero...
Ten algunha base científica?
Agora que xa sabes máis sobre a xeosfera e a forma da Terra, toca usar o pensamento crítico.
Investiga esta crenza.
Busca probas reais e responde esta pregunta:
É posible que a Terra sexa plana?
Lembra:
Para facer unha boa investigación, necesitas usar información científica e fiable.
Non todo o que aparece en Internet é certo.
Compara fontes diferentes e pensa coma unha persoa investigadora.
Como ves, moitas persoas seguen a dar por certas moitas crenzas sen base científica.