Saltar navegación

4.3. Divulgando o xeoparque

Poñer en valor o patrimonio local

Agora chega a fase final: toca difundir o voso traballo, compartir a vosa investigación e poñer en valor todo o aprendido sobre o patrimonio xeolóxico local.

Así axudaredes a que máis persoas coñezan, respecten e aprecien a riqueza xeolóxica da vosa contorna.

Podedes escoller algunha das seguintes posibilidades:

Opción A

Pictograma dun póster Publicar o mapa do voso xeoparque

Podedes expoñer o mapa cos puntos de interese xeolóxico nos corredores do centro ou nun taboleiro informativo.

Ademais, sería posible divulgar o voso traballo a través da páxina web do centro educativo, para que toda a comunidade escolar poida consultar o voso xeoparque local.

Opción B

Pictograma de exposición Presentar unha charla divulgativa

Outra opción é organizar unha pequena charla ou exposición para a comunidade educativa, onde expliquedes como foi o proceso de investigación, que lugares seleccionastes e por que, e cales foron as curiosidades máis destacadas que descubristes sobre a xeoloxía do voso territorio.

Opción C

Pictograma de ruta Crear unha ruta xeolóxica guiada

Por último, podedes deseñar unha ruta a pé polos principais puntos do voso xeoparque local, guiando a outros compañeiros e compañeiras, familias ou persoas interesadas, para explicarlles en directo a importancia dos lugares escollidos, ademais de compartir anécdotas ou descubrimentos feitos durante a investigación.

Isto xa sería de profesionais da xeoloxía!

Lectura facilitada

Agora chega a fase final:
toca compartir o voso traballo
e amosar todo o que aprendestes sobre a xeoloxía da vosa zona.

Así, outras persoas poderán coñecer, respectar e valorar
a riqueza xeolóxica da contorna.

Podedes escoller unha destas opcións:

Opción A

Pictograma dun póster Publicar o mapa do voso xeoparque

Podedes expor o mapa cos puntos xeolóxicos
nos corredores do centro ou nun taboleiro informativo.

Tamén o podedes compartir na páxina web do centro educativo,
para que toda a comunidade escolar o poida ver.

Opción B

Pictograma de exposición Presentar unha charla divulgativa

Outra idea é facer unha charla ou exposición
para contar o voso traballo.

Podedes explicar:

  • Como fixestes a investigación.
  • Que lugares escollestes e por que.
  • Que curiosidades descubristes sobre a xeoloxía da zona.

Opción C

Pictograma de ruta Crear unha ruta xeolóxica guiada

Tamén podedes organizar unha ruta a pé
polos principais puntos do voso xeoparque.

Guiaredes a outros compañeiros e compañeiras, familias ou persoas interesadas,
e explicaredes en directo a importancia de cada lugar.

Tamén podedes contar anécdotas e descubrimentos
feitos durante o proxecto.

Isto xa sería de profesionais da xeoloxía!

Feito con eXeLearning (Nova xanela)