6 -Glosario
|
A |
|
Molécula de ADN formada pola unión de anacos de ADN de orixe diferente, mediante técnicas de enxeñaría xenética. |
|
Substancia química natural ou sintética capaz de combater infeccións por microbios. |
|
B |
|
Defínese como a utilización dos seres vivos para restaurar ambientes contaminados. Os máis usados son microorganismos e plantas. |
|
C |
|
Aquela cuxos cromosomas se poden agrupar por parellas de cromosomas homólogos. Represéntase por (2n) |
|
Aquela cuxos cromosomas non se poden agrupar en parellas de homólogos. Represéntase por (n) e é característica dos gametos. |
|
|
Célula froito da unión dun gameto masculino e outro feminino. Tamén chamada célula ovo. |
|
|
Procedemento polo que se obteñen clons, é dicir, grupos de organismos ou de células xeneticamente idénticos. |
|
|
Conxunto de animais ou vexetais de certas especies que se establecen temporalmente nun lugar, que viven xuntos permanentemente e que nalgúns casos teñen un grao relativo de organización. |
|
|
Cada unha das dúas copias que forman un cromosoma duplicado. |
|
|
Conxunto de fibriñas de ADN antes de empaquetarse como cromosomas. Dan un aspecto grumoso ao interior do núcleo. |
|
|
Estrutura con forma de bastón constituído por ADN e localizados no núcleo celular. |
|
|
Cromosomas de forma idéntica que levan información para os mesmos carácteres, aínda que cada información sexa distinta. |
|
D |
|
Organismo que se alimenta matando a outro organismo vivo (a presa). |
|
E |
|
Sistema natural formado por compoñentes vivos (biocenose) e non vivos (biótopo) e polas interaccións que establecen entre si. |
|
Proceso polo que os fíos de cromatina se pregan sobre si mesmos facéndose máis curtos e grosos, visualizándose como cromosomas. |
|
|
Organización celular caracterizada pola presenza dun núcleo delimitado por membrana. |
|
F |
|
Estrutura citoplasmática formada por finas fibras proteicas que se estende entre os dous polos da célula durante a mitose. Únese aos cromosomas polo centrómero e arrástraos aos polos durante a anafase. |
|
G |
|
Célula reprodutora propia da reprodución sexual. Pode ser masculina (espermatozoide) ou feminina (óvulo). |
|
H |
|
Substancia que ataca totalmente ou de forma discriminada a vexetais. |
|
M |
|
Molécula que contén a información xenética dun individuo. Xeralmente é o ADN. |
|
Instrumento óptico que aumenta a imaxe das cousas que se ven a través del, de modo que permite examinar o que é demasiado pequeno para o apreciar a simple vista |
|
|
Tipo de división celular en que dunha célula nai se obteñen dúas células fillas con igual número de cromosomas e xeneticamente idénticas entre si e á célula nai. |
|
|
Un dos reinos en que se clasifican os seres vivos. É o máis simple e primitivo, e inclúe as bacterias e as cianobacterias. |
|
N |
|
Cada unha das subunidades que se unen para formaren ADN ou ARN. |
|
O |
|
Estrutura do interior da célula. Literalmente significa “pequeno órgano”. |
|
P |
|
Organismo que se alimenta doutro organismo (hospedador) sen o matar. |
|
Organismo formado por máis dunha célula. |
|
|
Tipo de organización celular sen verdadeiro núcleo, de xeito que o material xenético se atopa disperso polo citoplasma. |
|
|
Substancias de residuo procedentes da actividade vital das células. |
|
S |
|
En xeral, calquera substancia ou organismo (patóxeno) causante dunha doenza. |
|
Substancias naturais ou artificiais utilizadas para combater doenzas de distinta orixe. |
|
T |
|
Conxunto de células especializadas, xeralmente dun mesmo tipo, organizadas para realizar unha función común. |
|
Veleno elaborado por organismos vivos. |
|
|
Organismo cuxo xenoma foi modificado por enxeñaría xenética. // Alimento obtido de ou coa colaboración de organismos xeneticamente modificados. |
|
U |
|
Organismo formado por unha soa célula. |
|
V |
|
Substancia artificial que contén virus mortos ou atenuados mediante diversas técnicas que, ao seren introducidos nun organismo, activan as defensas deste. |
|
X |
|
Anaco de ADN que leva codificada a información para un determinado carácter. |
|
Conxunto de xenes dun organismo ou dunha especie. |
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0