Saltar navegación

4. Actividades complementarias

S20.        De que células evolucionaron as células eucariotas?

S21.        As células das glándulas están especializadas na produción e secreción de determinadas substancias, como pode ser o leite das glándulas mamarias, a saliva das glándulas salivares ou os zumes gástricos das glándulas dixestivas. Que orgánulos celulares cre que estarán máis desenvolvidos e serán máis abundantes nestas células?

S22.        Que orgánulo celular deberá estar presente unha cantidade elevada en células que necesitan un gran gasto enerxético como unha célula do corazón ou unha muscular?

S23.        En que consiste a fotosíntese?

S24.        En que consiste a respiración celular?

S25.        De onde obteñen as células vexetais a materia orgánica que se oxida na respiración celular? E os animais?

S26.        Que ocorrería se os gametos humanos fosen células diploides? Cantos cromosomas terían os fillos?

S27.        Para que serve a mitose nun ser unicelular eucariota?

S28.        Algunha célula humana é capaz de realizar a mitose? Razoe a resposta.

S29.        Se as células fillas obtidas ao final da mitose se volveran dividir, que lle tería que suceder ao material xenético na interfase?

S30.        Se unha muller e un home teñen un fillo, cantos cromosomas terían o espermatozoide e o óvulo? Cantos cromosomas terá o fillo?

S31.        En que consiste a enxeñaría xenética de ADN recombinante?

S32.        Cales son as posibles aplicacións da enxeñaría xenética en farmacoloxía e para a limpeza do ambiente?

S33.        Indique as vantaxes e os inconvenientes da utilización de plantas transxénicas.

S34.        Que é a clonación reprodutiva?

S35.        Cite algúns exemplos das utilidades dos animais transxénicos.

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0