Saltar navegación

2.4.2 O cariotipo

É o conxunto de cromosomas dunha célula ou dunha especie. Tamén se utiliza este termo para referirse á disposición ordenada destes cromosomas segundo o seu tamaño e forma.

cariotipo  cariotipo 

Cariotipo humano pertencente a un home

Cariotipo humano pertencente a unha muller

 

 No cariotipo distínguense dous tipos de cromosomas:

  • Heterocromosomas ou cromosomas sexuais: é un par de cromosomas moi diferentes un do outro e interveñen na determinación do sexo. Un deles denomínase X e o outro Y. Nas persoas, as mulleres teñen dous cromosomas X, son XX. Nos homes son XY, xa que achegan un cromosoma X e outro Y.
  • Autosomas: constitúen o resto dos cromosomas e son iguais nos dous sexos.

As células dos organismos da mesma especie teñen o mesmo número de cromosomas e estes teñen un tamaño e unha forma característica. As células humanas posúen 46 cromosomas, dos que 44 (22 pares) son autosomas e dous son cromosomas sexuais. Na seguinte táboa amósase o número característico de varias especies animais.

 

  • Especie

Mosca

Pomba

Caracol

Gato

Porco

Can

Ovella

  • Nº cromosomas

5

16

24

38

40

78

54

 

Actividade resolta

O número de heterocromosomas depende da especie? Razoe a resposta.

 

Solución

Non, sempre atoparemos, en calquera especie, un par de heterocromosomas que determinarán o sexo da especie.

Actividade proposta

S11.        Baseándose no seguinte cariotipo, conteste:

 cario

 

  • A que especie pertence o cariotipo? Por que?

 

  • O cariotipo é dun macho ou dunha femia? Por que?

 

  • Hai algunha anomalía no cariotipo?

 

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0