2.3.5 Os orgánulos celulares
A estrutura destas células é a seguinte
- Membrana celular ou plasmática: límite propio da célula. Posúe mecanismos para que os nutrientes e os produtos de refugallo poidan pasar a través dela, como a presenza de poros (uns buracos na membrana).
- Núcleo: limitado por unha membrana dobre, nel gárdase o ADN da célula, que contén o “programa” específico de cada célula ou ser vivo.
- Citoplasma: espazo delimitado polas membranas celular e nuclear. Forma o auténtico “corpo” da célula, e é un líquido en que flotan e se moven diferentes orgánulos.
- Orgánulos celulares: compartimentos especializados en realizar unha función concreta. Son os seguintes:
- Mitocondrias: orgánulos de dobre membrana en que se realiza a respiración celular, é dicir, a reacción de substancias orgánicas (nutrientes) co osíxeno, producindo a enerxía necesaria para realizar as funcións vitais da célula.
- Ribosomas: partículas de pequeno tamaño encargadas de fabricar as proteínas seguindo as instrucións do ADN.
- Retículo endoplasmático: conxunto de tubaxes que se estende polo citoplasma. Realiza tres funcións: fabricación ou síntese de lípidos e proteínas; almacenaxe de substancias e comunicación ás zonas da célula. Pode levar pegados nas súas paredes ribosomas, e entón se chama retículo endoplasmático rugoso.
- Aparello de Golgi: pequenos sacos aplanados onde as substancias fabricadas no retículo endoplasmático acaban de formarse e finalmente se introducen en vesículas (bolsas), normalmente para seren segregadas ao exterior ou para formar lisosomas.
- Lisosomas: pequenas vesículas con encimas (tipo de proteínas) dixestivos, capaces de destruír as partículas procedentes do exterior, así como os orgánulos en desuso.
- Vacúolos: sacos de grande tamaño que almacenan diferentes tipos de substancias.
Orgánulos exclusivos das células animais:
- Centrosomas: orgánulo formado por un par de cilindros ou centríolos constituídos por tubos de proteínas. Teñen diversas funcións como facer de esqueleto da célula ou intervir na división celular.
Orgánulos exclusivos das células vexetais:
- Cloroplastos: orgánulos de dobre membrana nos que se realiza a fotosíntese, é dicir, a obtención de materia orgánica nova a partir de moléculas inorgánicas utilizando a enerxía da luz solar.
- Parede celular: cuberta ríxida que dá forma e protección a célula vexetal, envolvendo a membrana celular. Está formada fundamentalmente por celulosa (un glícido).
Actividades resoltas
Lea o texto e logo conteste.
|
Un xeito de imaxinar a complexidade de algo aparentemente tan sinxelo como unha célula é comparala cunha grande fábrica. Do mesmo xeito que a función dunha fábrica é elaborar produtos -ou ben enerxía- a partir de materias primas, nunha célula entra materia bruta (os nutrientes procedentes dos alimentos) e fabrícanse simultaneamente produtos (os compoñentes da célula) e enerxía (para realizar as funcións vitais). A este complexo proceso de fabricación chamámoslle metabolismo. A produción está organizada arredor de diferentes cadeas de montaxe situadas en distintas seccións da fábrica (os orgánulos) e emprega a uns obreiros especializados, as encimas. Para controlar o labor destas hai moitas moléculas de regulación que traballan como capataces: vixían as tarefas cuxo desenvolvemento está inscrito (como no plan de produción dunha factoría) no programa xenético da célula. Porén, a comparación cunha fábrica ten límites: debido á súa orixe (as células pódense reproducir), debido á cantidade de traballos que realizan as moléculas especializadas e debido á versatilidade e á eficacia das súas estruturas, a célula máis simple dun ser vivo é un sistema infinitamente máis complexo que a máis moderna, sofisticada e grande das fábricas humanas. |
No anterior texto imaxinamos que unha célula pode compararse cunha fábrica, con talleres (orgánulos) e oficinas (núcleo). Relacione cada letra coas estruturas celulares, colocando a letra no lugar indicado:
|
A |
|
|
E |
|
|
B |
|
I |
|
|
|
C |
|
K |
|
|
|
D |
|
G |
|
|
|
E |
|
A |
|
|
|
F |
|
D |
|
G |
|
|
B |
|
|
H |
|
C |
|
|
|
I |
|
H |
|
|
|
J |
|
L |
|
|
|
K |
|
J |
|
|
|
L |
|
F |
|
Actividade proposta
S9. Relacione, colocando a letra no lugar axeitado, cada orgánulo coas funcións que se mencionan deseguido.
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0