A célula e a información xenética
1.3 Obxectivos didácticos
Obxectivos
- Aceptar que todos os seres vivos estamos formados por células, tanto os unicelulares como os pluricelulares, e que o tamaño das células é similar en todos eles.
- Interpretar a célula como a unidade mínima estrutural e funcional dos seres vivos.
- Identificar os orgánulos máis importantes das células eucariotas en esquemas ou microfotografías.
- Relacionar cada orgánulo celular coa función que desenvolve.
- Explicar as diferenzas máis salientables entre as células procariotas e as eucariotas, e entre as células vexetais e as animais.
- Identificar a molécula de ADN e os cromosomas como os depositarios da información hereditaria.
- Interpretar adecuadamente o concepto de xene e a súa función.
- Diferenciar células haploides de células diploides e explicar as funcións de cada tipo.
- Esquematizar os procesos de mitose e meiose e diferencialos, identificando a finalidade de cada tipo de división.
- Reflexionar sobre as aplicacións biotecnolóxicas da enxeñaría xenética, a súa utilidade, os riscos e as implicacións bioéticas.
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0