Saltar navegación

2.4.3 Células diploides e células haploides

Se realizamos o cariotipo dunha célula animal ou vexetal, obsérvase que está formado normalmente por parellas de cromosomas morfoloxicamente similares; os cromosomas do par denomínanse cromosomas homólogos, e as células que teñen os cromosomas por pares denomínanse células diploides e represéntase por 2n. As células que só teñenunha serie de cromosomas denomínansecélulas haploides,e represéntase por n.

 Os cromosomas homólogos conteñen información para os mesmos caracteres, aínda que estes non teñen por que ser iguais, xa que cada cromosoma homólogo do par procede dun proxenitor. Por exemplo, na especie humana cada célula diploide contén 23 cromosomas de orixe materna e outros 23 de orixe paterna, que foron achegados polos gametos feminino e masculino, respectivamente, na fecundación.

 

 celulas

 

 

Actividade resolta

Indique a diferenza entre unha célula diploide e unha célula haploide

 

Solución

A célula diploide contén cromosomas que se poden agrupar en parellas de homólogos (2n). Os cromosomas das células haploides non poden agruparse por parellas (n).

Actividade proposta

S12.        A fotografía amosa un conxunto ordenado de cromosomas dun individuo:

cromosomas 

 

 

 

  • Cantos cromosomas hai? E célula diploide ou haploide? Por que?

 

  • Cantas cromátidas ten cada cromosoma?

 

  • Cantos cromosomas habería nun gameto deste individuo?
 
  • É o cariotipo dun home ou dunha muller?

 

  • Cantos cromosomas son autosomas? Cantos heterocromosomas?

 

  • En que fase do ciclo celular (interfase ou mitose) cre que se fotografaron os cromosomas?

                           

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0