2.2.1 A teoría celular
O concepto actual de célula provén de dous científicos: no ano 1837, M. Scheleiden, botánic, e T. Schwann, zoólogo, constatan que vexetais e animais, estaban constituídos por células. Máis tarde isto faise extensible aos microorganismos; é dicir, establecen que a célula é a unidade estrutural e funcional dos seres vivos. En 1855, R. Virchow completa a afirmación anterior dicindo que toda célula procede doutra célula. Deste xeito, queda enunciada a teoría celular definida por tres principios básicos:
- Unidade estrutural: todos os seres vivos están formados por unha ou máis células.
- Unidade funcional: todas as células son capaces de mantérense vivas por si mesmas, pois están dotada da maquinaria necesaria para realizar as funcións vitais.
- Unidade reprodutiva: todas as células proceden de outra preexistente.
Actividade resolta
Que é unha célula?
|
Solución |
É a menor porción de materia organizada para poderse nutrir, relacionar e reproducir. Todos os seres vivos están formados por células. |
Actividade proposta
S2. Da seguinte listaxe faga un grupo cos que están formados por células e outro cos que non:
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0