A célula e a información xenética
1.1 Descrición da unidade didáctica
Esta unidade abrangue o estudo da célula máis polo miúdo que nos módulos anteriores, dos orgánulos que a compoñen e das funcións que realizan. Descríbense os dous tipos de división celular, mitose e meiose, e as funcións dos cromosomas na herdanza de caracteres. Remata a unidade cun achegamento ás técnicas de enxeñaría xenética, cun debate coas súas repercusións.
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0