Saltar navegación

2.6 A enxeñaría xenética e as súas aplicacións

A enxeñaría xenética constitúe un campo con espectaculares avances nos últimos anos. Basicamente, as investigacións céntranse nas modificacións do patrimonio xenético dos organismos, introducíndolles xenes que lles achegan novas características.

Denomínase organismo transxénico aquel cuxo xenoma foi modificado con xenes procedentes doutra especie.

As grandes áreas en que se empregan as técnicas de enxeñaría xenética son as seguintes:

  • Medicina e farmacoloxía: para a obtención de substancias terapéuticas como vacinas, hormonas humanas (como a insulina necesaria para os diabéticos), factores de coagulación para os hemofílicos, etc.
  • Agricultura: para a obtención de plantas transxénicas de maior rendemento, máis resistentes ou de mellor calidade nutricional.
  • Gandaría: a clonación de animais adoita ir asociada a enxeñaría xenética, na procura dunha mellora gandeira ou con aplicacións biomédicas.           
  • Protección ambiental: co obxectivo de desenvolver novos organismos que colaboren na limpeza do ambiental.
 

Actividade resolta

Que é a enxeñaría xenética?

Solución

A enxeñaría xenética é o conxunto de técnicas polas que se modifica o ADN dos organismos en procura de diversos obxectivos.

Actividade proposta

S16.        Que é un organismo transxénico?  Explique as áreas de uso da enxeñaría xenética.

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0