Saltar navegación

1.2 Coñecementos previos

Para unha correcta comprensión da unidade debemos lembrar que:

  • Baixo a aparente diversidade dos seres vivos hai unha serie de características comúns a todos eles: unha mesma composición química baseada nuns poucos elementos químicos fundamentais, a realización das mesmas funcións vitais (nútrense, relaciónanse e reprodúcense) e que todos os seres vivos están formados por células.
  • As células son as unidades básicas da vida.
  • O ácido desoxirribonucleico, ou ADN, é o composto químico que contén a información xenética, é dicir, a información necesaria para “construír” un ser vivo dunha determinada especie. A información pasa de pais a fillos mediante a reprodución celular.

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0