2.4.1 O núcleo na interfase. Os cromosomas
O compoñente maioritario do núcleo é o ADN (ácido desoxirribonucleico), que contén a información necesaria para realizar todas as funcións celulares. O ADN ten unha estrutura formada por dúas cadeas de nucleótidos (adenina, timina, citosina, etc.) dispostas nunha dobre espiral.
|
O ADN na interfase atópase en forma de fibras dispersas polo núcleo que reciben o nome de cromatina. Á medida que vai avanzando a interfase o ADN vai condensándose formando oscromosomas, que son os encargados de transmitir a información xenética contida no ADN da célula nai ata as células fillas. Daquela podemos dicir que a cromatina e os cromosomas son a mesma substancia (ADN) pero con distinto grao de empaquetaxe. |
Ao inicio da interfase os cromosomas teñen forma de bastonciños (ver debuxo). Pero durante este período prodúcese a duplicación do ADN deses cromosomas aparecendo á fin da interfase dúas copias exactas de cada molécula de ADN. Os cromosomas fanse visibles agora ao microscopio como uns bastonciños dobres (dúas cromátidas) unidos por unha rexión moi estreita (centrómero).
![]() |
Un xene é un pequeno anaco de ADN que contén a información necesaria para que se exprese un determinado carácter nun individuo (por exemplo a cor de ollos ou da pel). Na maioría das especies, os individuos teñen un conxunto de xenes herdados dos seus dous proxenitores. Isto significa que para un só carácter o individuo ten dúas informacións: a do xene herdado do seu pai e a do xene herdado da súa nai. Que se manifeste unha característica ou outra depende de se un xene é dominante sobre o outro.
O xenoma humano, é dicir, todo o ADN humano, foi secuenciado en abril do 2003, e como se dixo naquel momento, secuenciouse o “libro da vida”.
Actividade resolta
Por que os cromosomas teñen dúas partes iguais? Razoe a resposta.
|
Solución |
Cada cromosoma ten dúas partes iguais (as cromátidas) porque durante a interfase a molécula de ADN que o forma duplícase. A duplicación é necesaria para garantir que, cando a célula se divida na reprodución, as células fillas reciban os mesmos cromosomas que a célula nai. |
Actividade proposta
S10. Sinale se son verdadeiras [V] ou falsas [F] as seguintes afirmacións, e corrixa as respostas falsas:
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0
