Saltar navegación

5. Exercicios de autoavaliación

Exercicios de autoavaliación

Pregunta

1.        Que non é certo respecto á teoría celular?

Respostas

Todas as células proveñen da reprodución doutras células.

Todos os seres vivos están formados por unha ou máis células.

Foi enunciada por Robert Hooke.

As células son capaces de realizar as funcións vitais.

Pregunta

2.        Cales das seguintes afirmacións son verdadeiras?

Respostas

Un insecto e unha balea teñen células de tamaño similar.

Os animais son seres unicelulares.

Os seres unicelulares en xeral son macroscópicos.

Todas as células teñen a mesma forma pero distinto tamaño.

Pregunta

3.        Cales das seguintes afirmacións relativas ás células procariotas son certas?

Respostas

As células procariotas poden formar seres pluricelulares.

Existen células procariotas sen membrana celular.

As células procariotas carecen de información xenética.

As células procariotas carecen de núcleo.

Pregunta

4.        En relación coas células eucariotas, cales son as afirmacións correctas?

Respostas

As bacterias están formadas por unha única célula eucariota.

Todas as células teñen membrana celular.

As células vexetais non teñen cloroplastos.

As células animais teñen parede celular.

Pregunta

5.        Sinale as afirmacións correctas

Respostas

Unha célula especializada na secreción de saliva ten moi desenvolvido o aparello de Golgi.

Os ribosomas realizan a dixestión celular.

As células vexetais non teñen mitocondrias.

Unha célula animal muscular ten cero mitocondrias.

Pregunta

6.        Sinale a afirmación incorrecta.

Respostas

O compoñente maioritario do núcleo é o ácido desoxirribonucleico ou ADN.

Cromatina e cromosoma son a mesma substancia, pero con distinto grao de empaquetaxe.

Cada cromosoma ten dúas moléculas idénticas (cromátidas) como resultado da duplicación do ADN en interfase.

Ten distinto número de cromosomas unha célula da epiderme que unha célula nerviosa.

Pregunta

7.        Observe o debuxo do cromosoma da dereita e indique a afirmación incorrecta.
imaxe

Respostas

O número 1 corresponde a unha cromátida.

O cromosoma representado atópase en interfase.

O número 2 refírese ao centrómero.

O número 3 sinala o ADN, molécula que forma o material xenético.

Pregunta

8.        Cal afirmación é  incorrecta?

Respostas

Os gametos teñen o mesmo número de cromosomas que o resto das células do corpo.

O cariotipo é o conxunto de cromosomas dunha célula ou dunha especie.

O número diploide (2n) representa o número total de cromosomas da especie.

Un xene é un pequeno fragmento de ADN que contén a información necesaria para que se exprese un determinado carácter.

Pregunta

9.        Sobre as diferenzas entre mitose e meiose, é correcto

Respostas

Unha célula diploide con seis cromosomas que se divide por mitose dará dúas células diploides con tres cromosomas cada unha.

Mitose e meiose son dous xeitos de reprodución celular idénticos.

A meiose garante que as células fillas teñan os mesmos cromosomas que a célula nai.

Unha célula diploide con seis cromosomas que se divide por meiose dará catro células haploides con tres cromosomas cada unha.

Pregunta

10.     Sobre enxeñaría xenética. Sinale a afirmación correcta:

Respostas

Os organismos transxénicos proceden do cruce entre dúas especies diferentes.

Dolly é un exemplo de organismo transxénico.

Clonar un organismo é facer copias idénticas xeneticamente á orixinal.

A enxeñaría xenética emprégase na medicina pero non na protección ambiental.

Habilitar JavaScript

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0