Saltar navegación

2.3.3 Forma e tamaño

A forma e o tamaño das células eucariotas son moi variables. O tamaño oscila desde as micras (1 micra= 1μ = 1 milésima de milímetro) ata as visibles a simple vista, como os ovos das aves, pero polo xeral adoita oscilar entre 1 e 100 micras. Podemos dicir que en xeral, teñen tamaño microscópico. A célula máis voluminosa é a xema de ovo de avestruz, pois contén abundantes substancias de reserva.

En calquera caso, o tamaño das células non ten relación co do individuo. As células dun neno son, en xeral, da mesma medida que as dun adulto.

A forma de cada célula está relacionada coa función que ten que realizar. A forma máis repetida é a esférica porque con esta forma a membrana celular está menos estirada en relación ao volume, o que facilita as funcións vitais, pero hai células con forma de estrela, de fíos, poliédricas, etc.

A maior parte dos seres eucariotas son pluricelulares. As células que os constitúen están especializadas; é dicir, a forma das súas células está relacionada coa función que desempeñan. Por exemplo, as células de forma aplanada abundan en zonas de recubrimento corporal, como a pel. As células de forma alongada forman parte dos tecidos musculares, fibras nerviosas e fibras vexetais. O traballo que realizan maniféstase predominantemente nunha dirección fixa, o que xustifica o alongamento da súa forma.

Cando as células non están especializadas adoitn tomar a forma poliédrica.

 

Actividade resolta

De que depende a forma da célula nos seres pluricelulares?

 

Solución

As células dos seres pluricelulares terán formas que dependerán da función que desempeñen nese organismo.

 

S5. Relacione  as dúas columnas:

Forma celular

 

 

 

 

 

 

Función

 im
 im
 im
im 
 im

Habilitar JavaScript

 

S6.            Sinale se son verdadeiras [V] ou falsas [F] as seguintes afirmacións, e corrixa as respostas falsas:

Afirmación

V / F

Corrección (se procede)

  • Os animais son seres unicelulares.

 

  • As células teñen todas a mesma forma pero distinto tamaño.

 

  • Os seres unicelulares en xeral son microscópicos.

 

  • Un insecto e unha balea teñen células de tamaño similar.

 

Habilitar JavaScript

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0