2.3.2 A célula eucariota
Hai 1.500 millóns de anos xurdiron a partir dalgunhas células procariotas uns novos seres unicelulares cunha estrutura máis complexa que recibiron o nome de eucariotas (células con núcleo verdadeiro).
As células eucariotas son máis complexas que as procariotas. Nelas desenvolvéronse membranas que delimitan compartimentos dentro da célula. Unha delas, a membrana nuclear, envolve ao material xenético, diferenciando o núcleo do resto dos compoñentes celulares. En todas as células eucariotas distínguense:
- Membrana: envoltura que rodea a célula.
- Citoplasma: espazo entre a membrana e o núcleo
- Núcleo: contén o material xenético no seu interior e está separado do citoplasma pola membrana nuclear.
Actividade resolta
Cal é a principal diferenza entre a célula procariota e a eucariota?
|
Solución |
As células eucariotas teñen un núcleo definido, delimitado por unha membrana nuclear que envolve o material hereditario, entanto que a procariota o ten disperso no citoplasma. |
Actividade proposta
S4. Sinale se son verdadeiras [V] ou falsas [F] as seguintes afirmacións, e corrixa as respostas falsas:
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0