Saltar navegación

2.5.2 Meiose

A meiose permite que se reduza o número de cromosomas á metade para formar os gametos e, así, ao fusionarse na fecundación, mantendo constante o número de cromosomas da especie.

Para que un organismo pluricelular con reprodución sexual se reproduza teñen que ocorrer tres procesos:

  • Gametoxénese: formación dos gametos (haploides) a partir dunha célula diploide (célula xerminal).
  • Fecundación: dous gametos de distintos sexos xúntanse e orixinan unha nova célula denominada cigoto.
  • Desenvolvemento embrionario: procesos polos que un cigoto se transforma para dar un adulto. Ten lugar por sucesivas mitoses.

A fecundación implica un problema, xa que cada vez que se unen dous núcleos se unen dúas dotacións cromosómicas, porque se os adultos tiñan 46 cromosomas, o cigoto terá 92 e, por tanto, dará lugar a novos adultos con 92 cromosomas, o que non pode ser, xa que se modificaría o número cromosómico da especie, e este número ten que permanecer estable.

Para manter esa estabilidade no número de cromosomas desenvolveuse un mecanismo especial de división celular, a meiose. Por este tipo de división, a partir dunha célula diploide obtéñense catro células haploides.

Na meiose, de cada célula nai obtéñense catro células fillas tras dúas divisións sucesivas da célula, pero só se produce unha duplicación do ADN na interfase.

 

 meiose

Comparación gráfica entre mitose e meiose

 

 

 

Por Universidad Nacional del Nordeste •  • Fac. Ciencias Agrarias, Corrientes •  República Argentina • ©1998-2013. http://www.biologia.edu.ar

Licenza: Reproducción autorizada únicamente con fines educativos citando su origen

 

 

Actividade resolta

Unha célula con 2n = 4 comeza unha meiose:

  • Cantas cromátidas ten cada cromosoma da célula ao comezo do proceso?

Cada cromosoma ten dúas cromátidas.

  • Cantas células hai ao final da primeira división meiótica? Cantos cromosomas ten cada célula? Cantas cromátidas ten cada cromosoma?

Dúas células. Cada célula ten dúas cromosomas. Dúas cromátidas.

 

  • Cantas células hai ao final da segunda división? Cantos cromosomas ten cada célula? Cantas cromátidas ten cada cromosoma?

Catro células. Cada célula ten dous cromosomas. Unha cromátida.

  • Cantas cromátidas, en total, hai ó principio do proceso? E ao final?

Tanto ao principio como ao final hai oito cromátidas en total.

Actividades propostas

S14.        Por que é necesaria a meiose nos organismos con reprodución sexual?

S15.        Indique semellanzas e diferenzas entre mitose e meiose segundo o esquema posto máis arriba.

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0