Saltar navegación

2.2 A célula, unidade dos seres vivos

A citoloxía é a ciencia que estuda as células. O seu desenvolvemento está intimamente ligado ao das técnicas que permiten velas e distinguilas, o que quere dicir que a citoloxía naceu co invento do microscopio e avanzou xunto co seu perfeccionamento. O primeiro en nomear a célula foi Robert Hooke, quen en 1665, acabado de inventar o microscopio, empregou esa palabra para se referir ás pequenas celiñas que vía no seu microscopio ao observar un anaco de cortiza. Hoxe sabemos que Hooke estaba a ver células vexetais mortas.

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0