Saltar navegación

7. Glosario

A

  • Axitación térmica

Movemento desordenado das partículas que forman un corpo.

  • Ángulo central

É o ángulo formado por dous raios calquera dunha circunferencia con vértice no centro desta.

  • Ángulos consecutivos

Os que teñen o vértice e un lado común.

  • Ángulos adxacentes

Ángulos consecutivos que forman un ángulo plano.

  • Ángulos opostos polo vértice

Nos que os lados dun ángulo son prolongación dos lados do outro e polo tanto son iguais.

 

C

  • Cambio de estado

Proceso en que unha substancia pasa dun estado a outro, conservando a súa identidade.

 

D

  • Densidade

Propiedade característica da materia que indique a relación entre a masa e o volume dun corpo ou sistema material.

  • Destilación

Operación consistente en separar un ou máis líquidos volátiles (que pasan a vapor) doutras substancias non volátiles mediante evaporación e posterior condensación.

  • Dilatación

Proceso de aumento do volume que experimenta a materia ao aumentar a temperatura.

 

E

  • Estado da materia

Cada unha das formas, sólida, líquida ou gasosa en que se presenta a materia. Tamén pode denominarse estado de agregación ou estado físico.

 

F

  • Fluído

Substancia en estado líquido ou gasoso.

 

G

  • Goniómetro

Aparello de grande precisión utilizado para medir ángulos.

 

M

  • Masa

Propiedade xeral que mide a cantidade de materia dun corpo ou sistema material.

  • Materia

Todo aquilo que ocupa un lugar no espazo e ten masa.

 

P

  • Presión atmosférica

Presión que exerce a atmosfera sobre todos os corpos inmersos nela.

  • Propiedade característica

Propiedade da materia que permite diferenciar substancias entre elas.

  • Propiedade xeral

Propiedade da materia que non permite diferenciar substancias entre elas.

 

S

  • Sistema material

É unha porción da materia que se illa para o seu estudo.

  • Sublimación

Cambio de sólido a gasoso sen pasar polo estado líquido. Tamén se lle denomina sublimación ao proceso inverso.

  • Substancia

Clase de materia caracterizada por unha propiedades específicas, como a densidade ou a temperatura de fusión e ebulición.

  • Segmento

Porción de recta comprendida entre dos puntos desta.

 

T

  • Temperatura

Magnitude física que caracteriza o nivel de axitación térmica dun corpo.

  • Transportaador

Semicírculo graduado utilizado para medir ángulos con escasa precisión.

  • Termoestable

Plástico que logo conformado, non se pode volver a moldear, xa que se descompón: formica, baquella, etc

  • Termoplásticos

Plásticos que ao quecer abrandan, polo que son doademente moldeables: polietileno, poliuretano, PVC, metacrilato.......

 

V

  • Volume

Espazo que ocupa un corpo.

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0